Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 1995 Páx. 1.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEREA

EDICTO.

De conformidade co acordo adoptado pola Comisión de Goberno en sesión celebrada o día 23 de febreiro de 1995, anúnciase a poxa para a realización da obra denominada rede de sumidoiros en Sabucedo e Sanguñedo.

Obxecto.-Constitúe o obxecto da poxa a realización da obra denominada rede de sumidoiros en Sabucedo e Sanguñedo, incluída no Fondo de Cooperación coas Entidades Locais, segundo o proxecto redactado polo proxecto de camiños, canles e portos Manuel Durán Fuentes.

A contratación da obra levarase a cabo polo sistema de tramitación urxente previsto no artigo 116 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Orzamento.-11.814.269 pesetas.

Prazo de execución e garantía.-Prazo de execución: tres meses contados desde o seguinte ó da subscrición da acta de replanteo. Prazo de garantía: un ano a partir da recepción provisional da obra.

Fianza provisional e definitiva.- A fianza provisional: 236.285 pesetas. Fianza definitiva: 4% sobre o prezo de adxudicación.

Prego de condicións.-Para este contrato rexerá o prego de condicións aprobado polo Pleno da Corporación en sesión do 28 de maio de 1992, publicado no Boletín Oficial da provincia nº 134, do 12 de xuño de 1992.

Proposición e documentación.- A proposición presentarase en sobre pechado no que figurará o lema «Proposición para tomar parte na poxa da obra ...»

A documentación que figura na cláusula 13 do prego de condicións presentarase en sobre pechado, á parte do da proposición no que figurará o lema «Referencias».

Modelo de proposición:

Don/dona..., con domicilio en..., con DNI ou NIF nº.... expedido en.... en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, en nome propio (ou en representación de... segundo acredita con ...).

Informado/a do expediente e condicións para contratar... publicada no Boletín Oficial da provincia nº ..., do... e no Diario Oficial de Galicia nº..., do..., comprométese a executar.. no prezo de... pesetas, cantidade que representa unha baixa do... % con respecto ó tipo de licitación.

Lugar, data e sinatura.

Prazo de presentación de documentación e proposición.-10 días hábiles contados a partir da última publicaci6n deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións.-Na Casa do Concello, ás 13 horas do día seguinte hábil a aquel en que acabe o prazo de presentación de proposicións.

Verea, 24 de febreiro de 1995.

Manuel Nieto Rivero

Alcalde