Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 1995 Páx. 1.791

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público para a subministración de tres sistemas de tomografía axial computarizada, para o Hospital Comarcal da Costa en Burela (Lugo), Comarcal de Monforte de Lemos (Lugo) e Santa María Madre de Ourense.

1.-Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (Dirección Xeral de Recursos Económicos), edificio administrativo de San Caetano, bloque 2, andar 2º, en Santiago de Compostela. Teléfono (981) 54 27 66. Fax: (981) 54 27 62.

2.-Modalidade de adxudicación: concurso público.

3.-a) Lugar de entrega da subministración: Hospital Comarcal da Costa en Burela (Lugo), Hospital Comarcal de Monforte de Lemos (Lugo) e Hospital Santa María Madre de Ourense.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar: tres sistemas de tomografía axial computarizada.

-Orzamento total: cento trinta e cinco millóns de pesetas, IVE incluído (135.000.000 de ptas.)

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: á totalidade.

4.-Prazo de entrega eventualmente imposto: 30 días a partir da data de notificación da adxudicación.

5.-a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitudé: 29 de marzo de 1995.

6.-a) Data límite de recepción das ofertas: 5 de abril de 1995.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7.-a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 17 de abril, ás 10 horas, nas dependencias do Servicio Galego de Saúde.

8.-Fianzas e garantías esixidas: provisional: 2.700.000 pesetas; definitiva: 5.400.000 pesetas.

9.-Modalidades esenciais de financiamento e pago e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10.-Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11.-Condicións mínimas de carácter económico e técnico que debe reuni-lo provedor: ver prego de condicións técnicas.

12.-Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións.

13.-Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: características funcionais, calidade, prazo de entrega, prezo, servicio técnico e mantemento.

14.-Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

15.-Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 22 de febreiro de 1995.

16.-Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución en prensa e nos boletíns oficiais correrá a cargo do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos