Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 1995 Páx. 1.789

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 27/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dun aumento de potencia en central eléctrica Freixa II que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Hidrofreixa, S.L.

Lugar no que se vai establece-la instalación: no río Verdugo, concello de Ponte-Caldelas.

Finalidade da instalación: aumento de potencia da central hidroeléctrica.

Características principais: novo grupo xerador de 5.000 kVA, composto de: turbina Francis de 750 rpm. Xerador síncrono 5.000 kVA, 750 rpm.

Orzamento: 147.429.189 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as

reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 24 de xaneiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra