Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 1995 Páx. 1.789

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita (Expediente A.T 39/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 7 da L.M.T. ó C.T. Areas e desde o apoio 14 ata o final da mesma liña, en Areas, concello de Tui.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T. aéreo-soterrada, a 15/20 kV, sendo soterrada 0,12 km e aérea 0,90 km, con conductores RHV no soterrado e LA-30 no aéreo.

Orzamento: 3.646.658 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 30 de xaneiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra