Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 1995 Páx. 1.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 4/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966,

ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica coas seguintes características especiais:

Peticionario: Severino Durán Rivas.-

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a central Castelo en Castelo (Lalín) ata o C.T. de Penagudín, propiedade de Hidroeléctrica de Silleda, concellos de Lalín e Vila de Cruces.

Finalidade da instalación: subministrar enerxía a Hidroeléctrica de Silleda.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 14 m de lonxitude, cunha capacidade de transporte de 6.900 kVA, con conductores tipo LA-56 e apoios metálicos e de formigón.

Orzamento: 31.400.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Baixo núm. 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 13 de xaneiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra