Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 1995 Páx. 1.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1995, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia o concurso público aberto da asistencia técnica para a nómina unificada da Xunta de Galicia.

Entidade adxudicataria.-Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral

e do Patrimonio. San Caetano, 15704 Santiago de Compostela. Telf. 54 41 34.

Modalidade.-Concurso público aberto.

Obxecto.-Asistencia técnica para a nómina unificada da Xunta de Galicia.

Clasificación esixida.-Grupo III, subgrupo 3, categoría C.

Orzamento máximo.-Corenta e sete millóns de pesetas (47.000.000 de ptas.), IVE incluído.

Forma de pago.-Por transferencia mensual, con facturación previa.

Documentación de interese para os licitadores.-Estará á disposición dos licitadores durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda (edificio administrativo San Caetano en Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións.-As proposicións elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares e deberanse presentar en man no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, antes das 14 horas do vixésimo día hábil seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que teñen que presenta-los licitadores.-A esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións.-A mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas en acto público ó que poderán asisti-los licitadores e os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela), ás 10 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

O importe do anuncio de licitación correrá a cargo do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1995.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda