Entidade adxudicataria.-Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio. San Caetano, 15704 Santiago de Compostela. Te1f. 54 41 34.
Modalidade.-Concurso público aberto.
Obxecto.-Asistencia técnica para o mantemento e desenvolvemento de novas aplicacións con destino ó Xeito.
Prazo de execución.-Tres meses e medio a partir da sinatura do contrato.
Orzamento máximo.-Corenta e oito millóns cincocentas mil pesetas (48.500.000 ptas.), IVE incluído.
Clasificación esixida.-Grupo III, subgrupo 3, categoría D.
Forma de pago.-Por transferencia mensual, con facturación previa.
Documentación de interese para os licitadores.-Estará ó dispor dos licitadores durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda (edificio administrativo San Caetano en Santiago de Compostela).
Presentación de proposicións.-As proposicións elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares e deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, antes das 14 horas do vixésimo día hábil seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia.
Documentación que teñen que presenta-los licitadores.-A esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.
Apertura de proposicións.-A mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas en acto público ó que poderán asisti-los licitadores e os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela), ás 11 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.
O importe do anuncio de licitación correrá a cargo do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1995.
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería
de Economía e Facenda