Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 1995 Páx. 1.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1995, da Secretaría Xeral de Cornunicación, pola que se convoca concurso público para a contratación da subministración e instalación de 75 microrreemisores rurais para a TVG.

1.-Obxecto e orzamento: subministración de 75 microrreemisores rurais para a TVG, cun orzamento de licitación de 75.555.000 pesetas, IVE incluído, dividido nos tres seguintes lotes:

Lote 1: 24 microrreemisores (A Coruña e Pontevedra): 22.320.000 ptas.

Lote 2: 23 microrreemisores (Lugo): 24.185.000 ptas.

Lote 3: 28 microrreemisores (Ourense): 29.050.000 ptas.

II.-Prazo de execución: seis meses.

III.-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser adquirida en Tórculo Artes Gráficas, S.L., rúa Rosalía de Castro, 45, baixo, Santiago de Compostela, teléfono 59 26 00.

IV.-Fianza provisional: o 2% do orzamento total aprobado pola Administración, ou do orzamento de cada un dos lotes para o caso de que non se licite á súa totalidade, que será presentada en calquera das formas establecidas no artigo 340 do Regulamento xeral de contratación.

V.-Presentación de proposicións: as ofertas serán presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, edificio central de San Caetano (Santiago de Compostela), ata as 14 horas do día 22 de marzo de 1995, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

VI.-Apertura de proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Secretaría Xeral de Comunicación, planta baixa do edificio nº 5 de San Caetano, a partir das 12 horas do día 27 de marzo.

VII.-Documentación que deberán aporta-los licitadores: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

VIII.-Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1995.

Jesús Pérez Varela

Secretario xeral de Comunicación