Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 1995 Páx. 1.785

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (316/1994-01).

Salvador Sanz Crego, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 316/1994 por instancia de Ricardo Arias Miguélez contra José María Carreira Martínez; nas súas actuacións en resolución desta data acordouse citar a José María Carreira Martínez co fin de que o día nove

de marzo, ás once quince horas, compareza perante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas, apercibíndoo de que en caso de non o verficar recaerá sobre del o prexuízo ó que houber lugar en dereito e que deberá comparecer asistido das probas das que tente valerse.

E para que conste e lle sirva de citación a José María Carreira Martínez expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o catorce de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

0 secretario

Rubricado