Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 1995 Páx. 1.785

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (221/1994).

0 xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa fai saber que neste xulgado, baixo o número 221/1994 de rexistro, se segue procedemento xudicial sumario do art. 131 da Lei hipotecaria, por instancia da Caixa de Aforros de Galicia, representado polo procurador, contra Manuel Martínez Caneda e Victoria Lucía Sebio Rendo, en reclamación de crédito hipotecario; nas súas actuacións acordouse sacar a primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prazo da súa avaliación, o seguinte predio contra o que se procede:

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado o vindeiro día dezaoito de abril do ano que corre, ás doce horas, baixo as seguintes condicións:

1. O tipo do remate é de 2.769.111 ptas.; non se admiten ofertas que non cubran a devandita suma.

2. Para tomaren parte na poxa deberán consigna-los licitadores previamente, na mesa do xulgado

ou establecemento destinado para tal efecto, unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do tipo do remate.

3. Poderá facerse o remate en calidade de llo ceder a un terceiro.

4. Desde o anuncio da poxa ata a súa celebración poderán facerse ofertas por escrito en prego cerrado, depositando na mesa do xulgado, xunto a aquel, o importe da consignación a que se refire o apartado 2 ou xuntando o resgardo de tela feito no establecemento destinado para o efecto.

Os autos e a certifiación rexistral están de manifesto en secretaría e os licitadores deberán aceptar como bastante a titulación, sen que poidan esixir outros títulos.

As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes e sen cancelar entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade delas, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

En caso de que quedara deserta a primeira poxa sinálase para a segunda o vindeiro oito de maio, ás doce horas, e en caso de quedar deserta haberá unha terceira o vindeiro cinco de xuño, ás doce horas.

O predio obxecto de poxa é o seguinte:

Predio número 388-2 do Plan Xeral da Zona de Concentración Parcelaria de Santiago de Prevediños, municipio de Touro. Rústico, terreo dedicado a prado e labrantío ó sitio de Covo, que estrema: norte: José Martínez Caneda, 388-i; sur, río; leste, estrada de Boimorto a Muros e oeste José Canea Rendo, 387, leito de auga en medio, en parte. Extensión sesenta e dúas áreas e sesenta e tres centiáreas. Neste predio existen dúas edificacións, tal e como se reflicte no plan de concentración.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa, tomo 454, libro 66, folio 203, predio número 7.556.

E para que produza os efectivos oportunos expido o presente edicto en Arzúa o dous de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

0 secretario

Rubricado