Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 1995 Páx. 1.784

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1995 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería agroforestal, do departamento de Enxeñería Mecánica desta universidade a Luis Ortiz Torres.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por reso

lución da Universidade de Vigo do 29 de marzo de 1994 (BOE do 19-4-1994) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade, da área de coñecemento de enxeñería agroforestal, do departamento de Enxeñería Mecánica da Universidade de Vigo, a prol de Luis Ortiz Torres, DNI nº 51.633.257, e cumprindo o interesado os requisitos a que alude o apartado 2 do artigo 5º do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro;

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo art. 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Luis Ortiz Torres profesor titular de universidade, da área de coñecemento de enxeñería agroforestal, do departamento de Enxeñería Mecánica da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá efectos plenos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 14 de febreiro de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo