Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 1995 Páx. 1.786

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1995, da Secretaría Xeral de Comunicación, pola que se anuncia concurso público para a subministración dun sistema transportable de transmisión de videoconferencia a través de satélite.

1.-Obxecto e orzamento: subministración dun sistema transportable de transmisión de videoconferencia a través de satélite, cun orzamento de licitación de 15.700.000 pesetas, IVE incluído.

II.-Prazo de execución: catro meses.

III.-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser adquirida en Tórculo Artes Gráficas, S.L., rúa Rosalía de Castro, 45, baixo, Santiago de Compostela, teléfono 59 26 00.

IV.-Fianza provisional: o 2% do orzamento de licitación, equivalente a 314.000 pesetas, que será instrumentada en calquera das formas establecidas no artigo 340 do Regulamento xeral de contratación.

V.-Presentación de proposicións: as ofertas serán presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, edificio central de San Caetano (Santiago de Compostela), ata as 14 horas do día 22 de marzo de 1995, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

VI.-Apertura de proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Secretaría Xeral de Comunicación, planta baixa do edificio nº 5 de San Caetano, a partir das 12 horas do día 27 de marzo.

VII.-Documentación que deberán achega-los licitadores: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

VIII.-Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1995.

Jesús Pérez Varela

Secretario xeral de Comunicación