Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 1995 Páx. 1.780

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Fibras del Noroeste, S.A (FIBRANOR).

Visto o texto da revisión do convenio colectivo para a empresa Fibras del Noroeste, S.A. (FIBRA

NOR), da provincia de Lugo, asinado o 27 de xaneiro de 1995 pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1.040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo,

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro: Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo: Remiti-lo texto da revisión do citado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro: Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 15 de febreiro de 1995.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Acta de acordo da comisión paritaria do

convenio colectivo da empresa Fibras del

Noroeste, S.A. (FIBRANOR) para o ano 1995

Sendo as 12.30 horas do día 27 de xaneiro de 1995, nos locais de Fibras del Noroeste, S.A. (FIBRANOR), no polígono industrial de Rábade, reúnense as persoas relacionadas a seguir integrantes da comisión paritaria do convenio da empresa de Fibras del Noroeste, S.A. (FIBRANOR), co obxecto de alcanzar un acordo sobre regularización dos conceptos económicos do ano 1995, de acordo co establecido no convenio da empresa, que con vixencia ata o 31 de 1995 foi subscrito por ámbalas partes con data 26-10-94 e publicado no BOP de data 21-12-94.

Parte social:

Comité de empresa:

1.-Fernando Blanco Carballido, DNI 33.311.413.

2.-José A. Martínez Romero, DNI 33.855.641.

Parte empresarial:

l.-Manuel Hombre Lago, DNI 33.207.402.

2.-Sergio Blanco Seoane, DNI 33.219.935.

Tralas consideracións que se coidaron oportunas formuladas por cada unha das partes, a comisión paritaria do convenio adopta, por unanimidade, os seguintes acordos:

Primeiro.-Establecido polo Instituto Nacional de Estatística o índice de prezos ó consumo (IPC) acumulado do ano 1994 en 4,3 puntos, e estando pactado un incremento salarial en convenio do 4,5% para o devandito ano, produciuse un incremento real en tódolos conceptos retributivos de 0,2 puntos.

Segundo.-O incremento do 4,5% para o ano 1994 estableceuse tomando como referente unha inflación

estimada da mesma porcentaxe, garantindo, en todo caso, un incremento igual ó IPC real do cito ano.

Como queira que o IPC acumulado de decembro foi do 4,3%, produciuse un incremento de 0,2 puntos sobre a estimación prevista, tomándose, en función do acordado, como incremento a conta do aumento correspondente a 1995.

De acordo co establecido no apartado nº 2 do artigo 42 do convenio e unha vez que o Goberno fixou o seu obxectivo de inflación no 3,5%, procede aplicar un incremento salarial para o ano 1995 do 4,3%, o que supón acadar un incremento económico de un punto sobre o IPC previsto.

Todo isto sen prexuízo das regularizacións que ó final do ano 1995 se establecen no citado artigo 42, coa finalidade de obter un aumento de 1 punto sobre o IPC real acumulado dos dous anos de vixencia do convenio colectivo.

Terceiro.-O presente acordo de regularización de conceptos económicos inicia os seus efectos o primeiro de xaneiro de 1995, para o persoal que nesa data integrase o cadro de persoal da empresa.

Cuarto.-As contías dos salarios, valor das horas extras e plus de locomoción son os recollidos nos tres anexos que se xuntan á presente acta, unha vez aplicado o incremento do 4,3% correspondente ó ano 1995, salvo no plus de locomoción, que mantén a súa contía aplicándose o incremento correspondente ó plus de xornada.

Igual incremento se aplicará ós incrementos «ad personam», en consonancia co disposto no artigo 44.

Quinto.-A antigüidade prevista no artigo 18 do convenio establécese en 3.624 pesetas mensuais.

O plus de xornada previsto no artigo 19 por mes efectivamente traballado ascende ás seguintes contías:

-Plus de tres quendas: 11.211 pesetas.

-Plus de catro quendas: 25.570 pesetas.

-Plus de dúas quendas e xornada partida: 8.862 pesetas.

No plus de xornada inclúense os incrementos que correspondan ó plus de locomoción, que mantén a contía do ano 1994.

A mellora social prevista no art. 25 do convenio fíxase en 425 pesetas.

Sexto.-Como queira que non se alcanzou ata a data un acordo sobre os capitais fixos segundo tramos de idade, que substitúan a actual fórmula de aseguramento da póliza complementaria de invalidez total establecida no artigo 40, acórdase prorroga-la vixencia dela para o ano 1995, ata que non se alcance o citado acordo.

Sétimo.-Delegar en Sergio Blanco Seoane para que presente esta acta e os seus anexos na Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para que esta lle dea o trámite oportuno, incluída a súa remisión ó SMAC e a publicación no Boletín Oficial da provincia.

E en proba de conformidade, ratificando en tódolos seus extremos esta acta, os asistentes asinan no lugar e data arriba indicados.