Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 1995 Páx. 1.782

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 1995 pola que se adxudican dúas bolsas de colaboración en tarefas de estudio e investigación.

A Escola Galega de Administración Pública convocou por Resolución do 9 de decembro de 1994 (DOG nº 4, do 5 de xaneiro de 1995) dúas bolsas de colaboración en tarefas de estudio e investigación.

O tribunal cualificador para a adxudicación destas bolsas, na súa reunión do 14 de febreiro de 1995, baremou tódalas solicitudes e propuxo a adxudicación en favor dos dous candidatos que obtiveron maior puntuación.

De conformidade coas competencias que me recoñece a normativa vixente e á vista da proposta do tribunal, resolvo outorgárlle-las ditas bolsas a Ignacio López Chaves e Alfonso Jurado Moreda que obtiveron 24,25 e 22,64 puntos, respectivamente.

Contra esta resolución cabe interpoñer, no prazo de un mes, recurso ordinario ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia (art. 114.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), sen prexuízo da formulación do recurso contencioso-administrativo contra a resolución do devandito recurso ordinario.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración

Pública