Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia do Concello de Gondomar, con domicilio en Gondomar, no que solicita autorización para instalar unha L.M.T. e un C.T. en Peroleira-Peitieiros, na estación de bombeo, concello de Gondomar, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:
Autorizar ó Concello de Gondomar a instalación dunha L.M.T. e un C.T. en Peroleira-Peitieiros, na estación de bombeo, concello de Gondomar.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Pontevedra, 7 de novembro de 1994.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra