Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 1995 Páx. 1.771

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 128/1994).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Hidroeléctrica del Arnego, S.L., con domicilio na Coruña, no que solicita autorización para instalar unha R.B.T. na vila de Agolada, concello de Agolada, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Hidroeléctrica del Arnego, S.L. a instalación de unha R.B.T. na vila de Agolada, concello de Agolada.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 9 de xaneiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra