Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 1995 Páx. 1.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 17 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación para a execución da instalación eléctrica que se cita (expediente número 52.658).

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e consecuentes do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, declarada a urxente ocupación polo Decreto 398/1944, do 29 de decembro (Diario Oficial de Galicia de data 5 de xaneiro de 1995) dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica a 20 kV, enlace da subestación de Bergondo coa liña Betanzos-Cesuras, nos concellos de Bergondo e Betanzos das que é propietaria e beneficiaria deste procedemento expropiatorio a entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña, faise saber a tódolos interesados afectados por estas instalacións que o representante da Administración, que se constituirá sobre o terreo xunto cos demais cargos, levantará no seu día e hora que se lles notificará as actas previas á ocupación dos predios contidos na relación publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña de data 12 de xullo de 1994 e exposta

nos taboleiros oficiais.

Advírtese ós interesados afectados que serán notificados individualmente sinalándolles día e hora para o levantamento das actas, acto ó que poderán facerse acompañar dos seus peritos e un notario, á súa custa, e formular por escrito ante esta delegación ata aquel momento as alegacións para os sós efectos de rectificar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.

A Coruña, 17 de xaneiro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña