Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 1995 Páx. 1.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio detalle Rosalía de Castro 2.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 30 de xaneiro de 1995, o estudio de detalle Rosalía de Castro 2 (3.402/411), presentado por Tomás Rodríguez Díaz en representación de MT Consultores, redactado polo arquitecto José María Catalán Pérez de Lis, visado polo COAG con data 11 de xaneiro de 1995 e planos 5 e 7 visados o 20 de xaneiro de 1995; sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles con anuncios no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da casa do concello, así como notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 8 de febreiro de 1995.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde