Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 1995 Páx. 1.764

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (41/1995).

En virtude do ordenado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 41/1995, que se seguen por lesións e coaccións, cítase a Alfonso Camino Porteiro, en calidade de denunciado, e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día oito de marzo, e ás once horas e dez minutos, asista á celebración da vista do correspondente xuízo de faltas, advertíndoo de que deberá asistir cos medios de proba de que intente valerse, e que se non o verifica recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela, vinteún de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado