Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 1995 Páx. 1.763

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (77/1993).

En cumprimento do acordado por resolución do día de hoxe, dictada polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira (A Coruña), faise saber que neste xulgado se tramita expediente de xurisdicción voluntaria, baixo o número 77/1993, promovido por Manuel Landeira Torreira, sobre declaración de falecemento do seu irmán José Landeira Torreira, nacido en Barro, no concello da Baña (A Coruña), o día 6 de febreiro de 1933, emigrado ó estranxeiro, posiblemente a Brasil, no ano 1952, sendo daquela o seu estado civil de solteiro e sen que se tivesen máis noticias sobre el desde a aludida data.

O que para os fins previdos nos artigos 2.042 e seguintes da Lei de axuizamento civil, en relación cos 193 e concordantes do Código Civil, faise público mediante o presente edicto, o cal será publicado no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, por duplicado e cun intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera persoa que o considere oportuno poida comparecer perante este xulgado para ser oída no mencionado expediente.

Dado en Negreira o sete de outubro de mil novecentos noventa e catro.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado