Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 1995 Páx. 1.763

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO SETE DA CORUÑA

EDICTO (614/1993-A).

María José Pérez Pena, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número sete da Coruña, fai saber que neste xulgado se segue expediente de xurisdicción voluntaria número 614/1993-A, sobre declaración de herdeiros ab intestato de José Dopazo Freire, nacido en Bueu (Pontevedra) o día 19 de outubro de 1992, fillo de Celia, e con último enderezo coñecido na Coruña, Ronda de Outeiro, nº 112-2º H, o cal faleceu o día 6 de outubro de 1993, sen outorgar testamento, en estado de solteiro e sen ter parentes coñecidos con dereito á súa sucesión. E comparecendo no expediente o avogado do Estado, por medio deste edicto cítase ás persoas que crean con igual ou mellor dereito á herdanza, para que comparezan no xulgado ou a reclamalo dentro de trinta días, baixo apercibimento dos prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Dado na Coruña o once de xullo de mil novecentos noventa e catro.

A secretaria

Rubricado