Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 1995 Páx. 1.763

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1995 pola que se designa a data, a hora e o lugar para a celebración do sorteo público ó que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo, cómpre realizar previa á convocatoria dos procesos de selección e con validez para todos eles, o sorteo público no que se determinará a orde de actuación dos aspirantes nas probas selectivas de ingreso que inicien o seu procedemento no presente ano, debendo recollerse o resultado deste sorteo en cada convocatoria.

En consecuencia resólvese celebra-lo mencionado sorteo en acto público o día 9 de marzo ás 10 horas no salón C da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sito nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública