Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 1995 Páx. 1.760

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de primeira transformación da madeira.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de primeira transformación de madeira (Código 2700445), da provincia de Lugo, asinado o 30 de decembro de 1994, polas representacións da Asociación de Empresarios do sector e das centrais sindicais U.G.T., CC.OO., C.I.G. e U.S.O., e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2 e 3 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores e no Real decreto 1.040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro: Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo: Remiti-lo texto do mencionado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro: Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 17 de febreiro de 1995.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

ASISTENTES

Pola Asociación:

Fortunato Lorenzo Folgueiro

Gumersindo Díaz García

Luis Piñeiro Veiga

Daniel Villapol Valea

Polas centrais sindicais:

U.G.T. (51% - 5 representantes)

Fernando Teijeiro Balledor

Humberto Paz Rodríguez

Adolfo Mosteirín Turia

Juan Carlos Araújo Rodríguez

Ricardo Varela Sánchez

CC.OO. (5% - 1 representante)

Ángel Barreiro Pérez

C.I.G. (23% - 2 representantes)

Xesús A. Barreiro Núñez

M.ª Carmen Antas Pérez

U.S.O. (21% - 2 representantes)

Manuel Expósito López

Jesús Cantero Pérez

ACTA

En Lugo, sendo as 18 horas do día 30 de decembro de 1994, reúnense nos locais da CEL, as persoas antes relacionadas, integrantes todas elas da comisión negociadora do convenio colectivo da primeira transformación da madeira de Lugo, e despois de amplos debates, adóptanse os seguintes acordos:

Primeiro.-Aproba-lo texto do convenio colectivo para o sector de 1ª transformación da madeira de Lugo, para o cal as partes contan coa capacidade legal suficiente, segundo se acredita coa acta de constitución da Comisión Negociadora.

Segundo.-Remiti-lo texto do convenio colectivo referido a autoridade laboral competente para ós efectos legais oportunos.

E en proba de conformidade asinan a presente acta os antes relacionados, no lugar e data sinalados no encabezamento.

Convenio colectivo provincial da primeira

transformación da madeira da provincia de Lugo

Artigo primeiro.-Ámbito funcional.- O presente convenio colectivo de traballo é de aplicación a tóda

las empresas dedicadas ás actividades de serradoiro de madeira, industria de chapa e parquet, así como remate de madeira, que se rexan pola Ordenanza laboral de Traballo para as industrias da madeira, coa excepción feita daquelas empresas que no día da data teñan aprobado convenio colectivo propio ou estean pendentes da súa aprobación.

Artigo segundo.-Ambito persoal.-Quedan comprendidos neste convenio tódolos traballadores das empresas incluídos no seu ámbito funcional, agás os menores de 16 anos, que está prohibida a súa contratación.

Artigo terceiro.-Ambito temporal.-A duración do presente convenio será desde o 1º de abril de 1994 ata o 31 de marzo de 1996, entrando en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, con efectos económicos desde o 19 de abril de 1994.

Artigo cuarto.-Ámbito territorial.-As disposicións do presente convenio son de aplicación ás empresas de Lugo e maila súa provincia, ós seus traballadores e ás empresas que, tendo o seu domicilio noutra provincia, os seus traballadores presten os servicios nesta. Do mesmo xeito quedan obrigadas cantas empresas poidan, constituírse no futuro na provincia de Lugo e queden enmarcadas no ámbito funcional do presente acordo.

Artigo quinto.-Denuncia.-O convenio prorrogarase por períodos anuais, agás na materia salarial, de non denunciarse por calquera das partes cunha antelación de un mes respecto á data do seu remate.

Artigo sexto.-Comisión mixta paritaria.-Para interpreta-lo contido do presente convenio, vixia-lo cumprimento e exerce-las funcións de arbitraxe nos problemas e cuestións suscitadas como consecuencia da aplicación do mesmo constituirase un comité mixto paritario entre as partes asinantes deste convenio, que estará formado por nove representantes da Asociación Empresarial asinante, dous da central sindical USO, catro da central sindical UGT, dous da CIG e un de CC.OO., igualmente asinantes. Caso de non chegar a acordo a referida comisión, ámbalas dúas partes sométense á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación e máis á xurisdicción competente.

Artigo sétimo.-Compensación e absorción.-as condicións que se establecen neste convenio son compensables e absorbibles en cómputo anual, de conformidade coa lexislación vixente, respectándose as situacións persoais en igual forma.

Artigo oitavo.-Xornada de traballo.-A xornada laboral durante a vixencia do presente convenio será de 40 horas semanais de traballo efectivo.

Artigo noveno.-Vacacións anuais.

1º-O período de vacacións anuais retribuídas, non substituíbles por prestación económica, será de 30 días naturais. Principiarán a desfrutarse sempre en días laborais, preferentemente entre o día 20 de xuño e o 30 de setembro.

2º-O período do seu desfrute fixarase de común acordo entre o empresario e mailo traballador, que tamén poderán acorda-la división en dous períodos das vacacións totais.

A falta de acordo aplicarase disposto nos convenios colectivos sobre planificacións anuais das vacacións, respectándose, en todo caso os seguintes criterios:

a) O empresario poderá excluír como período vacacional, aquel que coincida coa maior actividade productiva estacional da empresa, logo de consulta cos representantes legais dos traballadores.

b) Por acordo entre o empresario e mailos representantes legais dos traballadores, poderanse fixa-los períodos de vacacións de todo o persoal, xa sexa en quendas organizadas sucesivamente, xa sexa con suspensión total da actividade laboral, sen máis excepcións cás das tarefas de conservación, reparación e semellantes.

c) Cando exista un réxime de quenda de vacacións, os traballadores con responsabilidades familiares teñen preferencia para que as súas coincidan cos períodos de vacacións escolares.

d) Se existise desacordo entre as partes, a xurisdicción competente fixará as datas de desfrute das vacacións, sendo a súa decisión irrecorrible. O procedemento será sumario e preferente.

e) O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. O traballador coñecerá as datas nas que lles corresponde desfruta-las vacacións dous meses antes, polo menos, da data de comezo das mesmas.

Artigo décimo.-Permisos retribuídos.-Os traballadores que contraian matrimonio terán dereito a 21 días de permiso. Por cambio de domicilio dous días, para os demais supostos aplicarase o establecido no artigo 37, apartado 3, 4 e 5 da Lei 8/1980 de Estatuto dos Traballadores.

Artigo décimo primeiro.-Horas sindicais.-Nas empresas de menos de 100 traballadores, os delegados de persoal disporán dun crédito de 16 horas mensuais, retribuidas para o exercicio idas súas funcións, tal e como se sinala no título 2º do Estatuto dos traballadores.

Artigo décimo segundo.-Salario.-Comprende as retribucións que na xornada normal de traballo figuran na táboa de salarios anexa.

Artigo décimo terceiro.-Sobresoldo de asistencia.-Establécese un sobresoldo de asistencia para tódalas categorías profesionais a percibir por día efectivamente traballado. Perderase por acumulación de dúas faltas inxustificadas. Non será absorbible polos aumentos sobre o salario mínimo. Non se pagará en vacacións.

Artigo décimo cuarto.-Gratificacións extroardinarias.-As gratificacións extraordinarias fixanse nas contías seguintes:

-18 de marzo de 15 días coa condición de paga de beneficios.

-25 de xullo, de 30 días.

-23 de decembro, de 30 días.

Para calcula-las gratificacións tomarase o salario base e maila antigüidade.

Artigo décimo quinto.-Axudas de custo.-Todo traballador con dereito a axudas de custo percibirá

as contías que se indican a continuación ou ben gastos a xustificar, á elección da empresa.

Para o primeiro ano de vixencia do presente convenio:

Media axuda de custo: 1.280 ptas.

Axuda de custo completa: 2.384 ptas.

Artigo décimo sexto.-Xubilación.-Os traballadores comprendidos no presente convenio que se xubilen cunha antigüidade de 5 anos na empresa, percibirán 30 días de salario, e con máis de 10, percibirán 60 días.

Artigo décimo sétimo.-Xubilación voluntaria ós 64 anos.-Os traballadores con 64 anos cumpridos, incluídos no ámbito persoal deste convenio, que desexen acollerse á xubilación co 100% dos dereitos, poderán facelo, estando, neste caso, a empresa obrigada a contratar outro traballador perceptor de subsidio de desemprego, acolléndose a calquera das modalidades de contratación previstas na lexislación vixente.

Artigo décimo oitavo.-Seguridade e hixiene.-

1º.-O traballador, na prestación dos seus servicios, terá dereito a unha protección eficaz en materia de seguridade e hixiene.

2º.-O traballador estará obrigado a cumprir e utilizar no seu traballo as medidas legais e regulamentarias de seguridade e hixiene.

3º.-Na inspección e control das referidas medidas que sexan de cumprimento obligado polo empresario, o traballador terá dereito a participar por medio dos seus representantes legais no centro de traballo, se non se conta con órganos ou centros especialiados competentes na materia, de acordo coa lexislación vixente.

4º.-O empresario está obrigado a facilitar unha formación práctica axeitada en materia de seguridade e hixiene ós traballadores que contrate, ou cando cambien de posto de traballo ou teñan que aplicar unha nova técnica que poida ocasionar riscos graves para o propio traballador ou para os compañeiros ou terceiros, ben sexa por servicios propios ou coa intervención dos servicios oficiais correspondentes. O traballador está obrigado a segui-las ditas ensinanzas e a realiza-las prácticas cando se celebren dentro da xornada de traballo ou en outras horas, pero con desconto naquelas do tempo empregadas nas mesmas.

5º.-Os órganos internos da empresa, competentes en materia de seguridade e hixiene e, no seu defecto, os representantes legais dos traballadores no centro de traballo, que constaten un risco grave de accidente pola inobservancia da lexislación aplicable á materia, requirirán ó empresario por escrito para que adopte as medidas oportunas que fagan desaparece-lo estado de risco; se a petición non fose atendida no prazo de catro días, dirixiranse á autoridade competente; esta, se constatase a veracidade das circunstancias alegadas, mediante resolución fundada requirirá ó empresario para que adopte as medidas de seguridade apropiadas ou suspenda as actividades na zona ou local de traballo. Tamén poderá ordenar, cos informes técnicos precisos, a paralaización inmediata da actividade se estimase un risco grave e inminente de accidente.

Se o risco de accidente fose inminente, a paralización das actividades poderá ser acordada por decisión dos órganos competentes da empresa en materia de seguridade ou polo setenta e cinco por cento dos representantes dos traballadores en empresas con procesos descontinuos, e da totalidade dos mesmos naquelas nas que o proceso sexa continuo; tal acordo será comunicado de inmediato á empresa e maila autoridade laboral, a que, en 24 horas, anulará ou ratificará a paralización acordada.

Artigo décimo noveno.-Roupa de traballo.-A empresa facilitaralles ós traballadores dúas fundas ó ano, unha cada seis meses, así como todos aqueles artigos de seguridade que especifique a lexislación vixente; especialmente ós traballadores desprazados no monte que realicen funcións de poda ou tronzado entregaránselle botas axeitadas.

Artigo vinte.-Recoñecementos médicos.-Sempre que as mutuas patronais ou laborais que cubran os riscos de accidente de traballo en cada empresa desexen realizar recoñecementos médicos sobre posibles enfermidades profesionais, así como cando o Gabinete de Seguridade e Hixiene de Lugo propoña recoñecementos no sector, as empresas estarán obrigadas a facilita-lo tempo necesario para realizar estes servicios médicos, logo da correspondente citación por escrito na que deberá, figurar día, hora e lugar de recoñecemento.

Artigo vinteún.-Póliza de seguros.-As empresas afectadas polo presente convenio estarán obrigadas a concertar, con primeras íntegras ó seu cargo, unha póliza de seguro que cubra no caso de accidente de traballo, así declarado pola Seguridade Social, os riscos de falecemento e invalidez permanente nos graos de total, absoluta e gran invalidez.

As contías da citada póliza serán de 2.500.000 ptas. no caso de falecemento e 3.000.000 de ptas. no caso de invalidez permanente en calquera dos seus tres graos.

O incremento de 250.000 ptas. que se establece na contía da póliza, respecto do convenio anterior, soamente afectará os procesos iniciados a partir do 1 de abril de 1995.

Esta compensación é compatible coa pensión ou indemnización que poida percibi-lo traballador da Seguridade Social, mutualidade ou montepío.

Non obstante, a indemnización que se perciba con cargo ó seguro aquí establecido, considerarase como entrega a conta da indemnización que, se é o caso, pudieran declarar con cargo á empresa, os tribunais de xustiza, compensándose ata onde aquela alcance.

Normas supletorias.-No non recollido no presente convenio, serán de aplicación as normas xerais legais e, en especial, a Ordenanza de Traballo para as industrias da madeira.

Disposición adicional.-As empresas disporán dun prazo de 30 días desde a publicación deste convenio no BOP para aboa-las diferencias salariais entre as cantidades que viñeran percibindo e as que se pactan neste convenio, en concepto de atrasos desde o 1-4-94 ata a data da publicación.