Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 1995 Páx. 1.759

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 58/1995, do 24 de febreiro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Ribas de Sil (Lugo), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de abastecemento de auga ós núcleos de San Clodio, Barreiro, Nogueira e Rairos.

O de Concello de Ribas de Sil (Lugo), en sesión celebrada o día 27 de setembro de 1994, aprobou o proxecto de abastecemento de auga ós núcleos de San Clodio, Barreiro, Nogueira e Rairos e na mesma sesión acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. O concello remitiu a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 3 de febreiro de 1995 baixo o número 900.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 13 de febreiro de 1995 baixo o número 1.284.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, por tratarse dunha dotación pública obrigatoria, tal e como se recolle no artigo 26.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e pola necesidade de remata-las obras no prazo dun ano, concedido para o efecto pola Confederación Hidrográfica do Norte.

A competencia para a declaración da urxente ocupación corresponde ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2 e 28.2 do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude e por proposta do Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa

xuntanza do día vintecatro de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, decláras e a urxente ocupación, polo Concello de Ribas de Sil (Lugo), para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de abastecemento de auga ós núcleos de San Clodio, Barreiro, Nogueira e Rairos.

Santiago de Compostela, vintecatro de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Irigarne

Presidente

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais