Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 1995 Páx. 1.759

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 8 de xullo de 1993 pola que se aproba o cambio de dominio de varias bateas. (Bemeso número 5 e outras dúas).

Vistos os expedientes de cambio de dominio que a continuación se mencionan, instruídos para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente, e dos establecementos que as amparan; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 13 da Lei 15/1985, do 23 de outubro, de ordenación marisqueira e cultivos mariños desta Comunidade Autónoma (DOG nº 236, do 10 de decembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade das concesións e establecementos que se relacionan a continuación:

Denominación da batea: Bemeso nº 5.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 57, Bueu «A».

Data da concesión: 11-10-1965.

Data de remate da última prórroga: 11-10-1995.

Anterior concesionario: Emilio e Segundo Torres Soliño.

Novo titular da concesión: Segundo Torres Soliño, con carácter ganancial.

Denominación da batea: Torres nº 6.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 8, Bueu «B».

Data da concesión: 3-6-1968.

Data de remate da última prórroga: 3-6-1998.

Anterior concesionario: Emilio e Segundo Torres Soliño.

Novo titular da concesión: Segundo Torres Soliño, con carácter ganancial.

Denominación da batea: Torres nº 7.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 9, Bueu «B».

Data da concesión: 3-6-1968.

Data de remate da última prórroga: 3-6-1998.

Anterior concesionario: Emilio e Segundo Torres Soliño.

Novo titular da concesión: Segundo Torres Soliño, con carácter ganancial.

O novo titular queda subrogado nos mesmos derei

tos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

Vigo, 8 de xullo de 1993.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Juan Luis Pedrosa Fernández

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)