Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

0 Concello de Sarria, con suxeición ó prego de condicións económico-administrativas aprobado polo Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 23 de febreiro de 1995, convocada a seguinte poxa:

-Obxecto: a adxudicación, por poxa, das obras correspondentes ó proxecto de pavimentación de vías urbanas na vila de Sarria e afirmado e dobre tratamento bituminoso de accesos a núcleos rurais.

-Tipo de licitación: 21.085.352 pesetas, IVE incluído, que poderá ser mellorado á baixa.

-Prazo de execución: 12 meses.

-Fianzas provisional e definitiva: provisional: 421.707 pesetas; definitiva: 843.414 pesetas.

-Clasificación do contratista: categoría,C; grupo G;

subgrupos 4 e 6.

-Proposicións e documentación complementaria: as proposicións presentaranse durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación da poxa, no Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia atendendo á forma, modelo de proposición e documentos estipulados no prego de condicións, que lles será facilitado ós licitadores nas dependencias municipais.

-Apertura de plicas: terá lugar o día seguinte hábil ó do remate do prazo de presentación de proposicións, na Casa do Concello.

0 proxecto técnico, prego de condicións, e demais documentación integrante do expediente, poderá ser examinada na Secretaría do concello, das 9 ás 14 horas, ata o día en que remate o prazo de presentación de proposicións.

Sarria, 24 de febreiro de 1995.

Arturo Corral Guitián

Alcalde de Sarria