Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO de concurso.

0 Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o 29 de decembro de 1994, prestoulle aprobación ó prego de condicións, e ós seus anexos, que rexerán a contratación, por concurso, da concesión administrativa do servicio de mantemento, conservación e explotación das estacións depuradoras de augas residuais de Sarria e Oural.

Con suxeición ós indicados documentos, convócase o seguinte concurso:

Obxecto do concurso: a concesión administrativa do servicio de mantemento, conservación e explotación das estacións depuradoras de augas residuais de Sarria e Oural.

Tipo de licitación: non se establece tipo de licitación; os licitadores farán figurar de forma expresa no modelo de proposición a retribución económica, determinada en pesetas/ano, IVE incluído, que deba percibir polo servicio.

Duración da concesión: cinco anos, prorrogables por períodos iguais, ata o máximo legal, agás que, cunha antelación mínima de seis meses á data de remate dalgún dos períodos, se faga constar de forma que faga fe por algunha das partes á outra a súa decisión de non prorrogalo.

Garantía provisional: 250.000 pesetas.

Garantía definitiva: 2.000.000 de pesetas.

Presentación de proposicións: vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ó de inserción do anuncio de licitación no BOP, DOG e BOE último en que se publique, de nove a catorce horas.

Proposicións e documentación: as proposicións irán en sobre pechado no que se incluirán os seguintes documentos:

a) Resgardo acreditativo de constitución da garantía provisional.

b) Escritura de constitución da sociedade e as súas modificacións inscritas no Rexistro Mercantil.

c) Documento nacional de identidade do licitador, así como escritura de poder debidamente acreditada en canto á súa suficiencia, no caso de actuar en representación dalgunha persoa física ou xurídica.

d) Declaración xurada na que o licitador afirme non encontrarse comprendido en ningún dos casos de incapacidade ou incompatibilidade dos artigos 4 e 5 do Regulamento de contratación das corporacións locais e artigo 9 da Lei de contratos do Estado, modificados polo Real decreto lexislativo 931/1986, do 2 de maio.

e) Declaración xurada de encontrarse ó corrente do pagamento das obrigas tributarias de acordo co previsto no Real decreto 1.462/1985, sobre obrigas tributarias.

f) Documento acreditativo de acharse ó corrente no pagamento das cotas á Seguridade Social.

g) Xustificante acreditativo de estar dado de alta no imposto sobre actividades económicas.

h) Documento xustificativo de estar clasificado como empresa de servicios no grupo III, subgrupo 5, segundo resolución do Ministerio de Economía e Facenda do 17 de maio de 1991.

i) Proposta de póliza de seguro de responsabilidade civil.

j) Descricíón e xustificación da forma de levar a cabo o mantemento, conservación e explotación das EDAR.

k) Estudio e xustificación económica do custo ofertado, de conformidade co estipulado nos puntos a) e b) da cláusula 19 do prego de condicións.

l) Proposición que se foromule de acordo co seguinte modelo:

D/Dª... veciño/a de..., con domicilio en rúa..., número... en nome propio (ou en representación de..., conforme acredita mediante escritura pública de poder bastante que se achega

EXPÓN:

Que está informado/a do expediente instruído polo Concello de Sarria para a contratación do servicio de mantemento, conservación e explotación das estacións depuradoras de residuais de Sarria e Oural.

Que acepta expresamente as condicións contidas no prego de condicións e demais documentos que o completan, e presta conformidade a cantas determinacións e trámites figuran no expediente.

Que fixa o curso do servicio en... (letra e número) pesetas/ano, IVE incluído.

Data e sinatura do licitador.

m) Experiencia da empresa en servicios de depuración de características similares ó do presente concurso.

Apertura de plicas: terá lugar o día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións.

Os pregos de condicións, os seus anexos, e toda a documentación integrante do expediente, poderá ser examinada na Secretaría do concello, ata o día en que remate a presentación de proposicións.

Sarria, 16 de febreiro de 1995.

Arturo Corral Guitián

Alcalde de Sarria