Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

BASES xerais para a cobertura das prazas incluídas na oferta pública de emprego de 1994.

Primeiro.-É obxecto da convocatoria a cobertura das prazas incluídas na oferta pública de emprego de 1994 aprobada polo Concello de Moaña e que son as seguintes:

* Tres prazas de garda da policía local, correspondentes á escala de administración especial, servicios especiais, do grupo D, vacantes no cadro de persoal de funcionarios.

* Unha praza de conserxe/información/servicios múltiples, correspondente á escala de administración especial, subescala técnica, do grupo E, vacante no cadro de persoal de funcionarios.

* Unha praza de responsable de contabilidade, do nivel sete, vacante no cadro de persoal laboral.

* Dúas prazas de conserxe/servicios múltiples de centros culturais, do nivel catro, vacantes no cadro de persoal laboral.

* Unha praza de conserxe/servicios múltiples do pavillón polideportivo, do nivel catro, vacante no cadro de persoal laboral.

* Unha praza de xardineiro/sepultureiro do nivel tres, vacante no cadro de persoal laboral.

* Unha praza de peón de vías e obras, do nivel tres, vacante no cadro de persoal laboral.

* Unha praza de peón para limpeza de rúas a medía xornada, do nivel dous, vacantes no cadro de persoal laboral.

Segunda.-Requisitos dos aspirantes:

1.-Ser españois, maiores de idade, sen exceder de 30 anos para o caso das prazas de garda da policía local.

2.-Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento da función.

3.-Estar en posesión da titulación que para cada posto se esixe e que figura nas bases particulares en relación a cada posto.

4.-Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das administracións públicas, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

5.-Non atoparse en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lexislación vixente.

Terceiro.-Instancias.

As instancias nas que se solicite tomar parte nos correspondentes procesos selectivos presentaranse no rexistro xeral do concello, debidamente reintegradas, no prazo de vinte días naturais a partir da aparición do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, podendo tamén presentarse do xeito previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro. Nas súas instancias os interesados manifestarán que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base segunda da convocatoria, debendo xunta-lo xustificante da cantidade prevista para cada caso nas bases particulares.

Xunto coas instancias, os aspirantes deberán presenta-la documentación acreditativa dos méritos que aleguen para optar á puntuación na fase de concurso, se é o caso, e de ter aboados os correspondentes dereitos de exame, que se fixan en 3.000 pesetas para a praza de responsable de informática; 2.500 pesetas para as de garda da policía local e 2.000 pesetas para o resto das prazas.

Cuarta. Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, o alcalde aprobará a lista de admitidos, notificándolles ós excluídos a causa da súa exclusión co obxecto de que poidan reclamar contra ela no prazo de dez días.

Quinta.-Tribunais cualificadores.

Estarán integrados do seguinte xeito:

Presidente: o alcalde ou concelleiro en quen delegue.

Secretaria: a do concello ou funcionario en quen delegue.

Vocais: un representante da Xunta de Galicia, nomeado por esta; un representante de cada un dos grupos políticos da corporación, nomeados polos mesmos; o concelleiro delegado da área correspondente; un representante dos delegados de persoal do concello, con voz e sen voto. Os tribunais comporanse tamén cos vocais que, se é o caso, figuren nas bases particulares de cada posto.

Tódolos vocais deberán posuír unha titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso ás prazas convocadas.

Nomearanse suplentes para cada membro do tribunal. O seu nomeamento farase público no taboleiro de anuncios do concello, xunto coa relación de excluídos. Os tribunais non poderán constituírse nin

actuar sen asistencia de, polo menos, a metade máis un dos seus membros.

Sexta.-Procedementos selectivos e cualificación dos exercicios.

Serán os que en cada caso figuren nas bases específicas.

Sétima.-Cualificación final.

Será a que resulte da suma das puntuacións acadadas en tódolos exercicios mailas obtidas, se é o caso, na fase de concurso. Os respectivos tribunais proporán para o seu nomeamento ós aspirantes que acaden a mellor puntuación sen que poidan propor a máis aspirantes có número de postos convocados.

Oitava.-Presentación de documentos e nomeamento.

Os aspirantes propostos presentarán na Secretaría do Concello dentro do prazo de vinte días naturais a partir de que sexa publicado no taboleiro de anuncios a proposta de nomeamento os documentos acreditativos de que reúnen os requisitos esixidos na base segunda da convocatoria. Se dentro do prazo indicado e salvo circunstancias de forza maior o aspirante proposto non presentase a documentación ou se comprobase que non reúnen os devanditos requisitos, non poderá ser nomeado e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puidese incorrer por falsidade na instancia de solicitude.

Nese caso, o tribunal poderá formular nova proposta de nomeamento e favor do aspirante que, tendo superado a totalidade do proceso selectivo, o siga na orde de puntuación. Os nomeados deberán tomar posesión do seu cargo no prazo de 30 días naturais contado a partir do día en que lles sexa notificado o nomeamento.

Novena.-Incidencias.

Os tribunais quedan facultados para resolve-las dúbidas que se presenten e adopta-las decisións precisas para o normal desenvolvemento dos procesos selectivos ó abeiro da lexislación en cada caso aplicable.

BASES PARTICULARES DAS PRAZAS

DE GARDA DA POLICÍA LOCAL

1.-Titulación esixida. Graduado escolar ou equivalente.

2.-Requisitos específicos. Estar en posesión como mínimo do carné de conducir das clases A2 e B2, na data en que remate o prazo de presentación de instancias.

3.-Tribunal cualificador. Integrarano, ademais dos vocais establecidos nas bases xerais, un representante da Delegación de Tráfico e o sarxento xefe da policía local do Concello.

4.-Procedemento selectivo: concurso-oposición.

A base de concurso será previa á de oposición. Nesta fase avaliaranse os méritos aportados polos aspirantes de acordo co seguinte baremo:

-Por cada mes traballado na policía local, en funcións relacionadas co posto a desenvolver: 0,1 puntos ata un máximo de 1,5 puntos.

-Por coñecemento de galego: 1,5 polo curso de iniciación e 1,5 polo de perfeccionamento, expedidos pola Xunta de Galicia.

-Outros méritos alegados polos aspirantes poderán ser discrecionalmente avaliados polo tribunal ata un máximo de 1 punto.

A fase de oposición constará dos seguintes exercicios eliminatorios:

A) Probas de aptitude física

1.-Forza flexora de brazos. Desde a posición de suspensión pura e total extensión dos brazos, realizarase un mínimo de cinco flexións, asomando o queixo por enriba da barra, e estendendo totalmente os brazos. Para as mulleres, a mesma proba cun mínimo de tres flexións.

2.-Salto de lonxitude sen carreira. Saltar cara adiante cos dous pés ó mesmo tempo e sen coller carreira. Permítese o balanceo de pés de talón e metatarso sen prende-lo contacto co chan. Tomarase a medida desde o sinal máis retrasado que deixe o aspirante. A distancia mínima será de 2,25 nos homes e 1,95 nas mulleres.

3.-Abdominais e lumbares. En posición horizontal e suxeitos os pés, o aspirante incorporarase co seu tronco cara ós xeonllos. En posición horizontal e boca abaixo, cos pés suxeitos, o aspirante elevará o seu tronco cara a riba. Os homes deberán realizar 25 exercicios de cada clase en 30 segundos e as mulleres 20 no mesmo tempo.

4.-Flexións. Partindo de posición de ángulo recto, formado entre a cabeza, pés e mans do aspirante co chan, realizará flexións de brazos, tocando o chan co peito, para logo voltar á posición inicial. Os homes deberán realizar un mínimo de 30 flexións e as mulleres 20.

5.-Velocidade.-Carreira de 50 metros, con saída de pé e cos brazos extendidos ó longo do corpo, pés separados, con pernas estendidas e tronco recto. O tempo mínimo será de 7,3 segundos para os homes e 8,3 para as mulleres.

6.-Resistencia.-Percorrer 1.000 metros lisos. Para os homes o tempo máximo será de 4 minutos e para as mulleres 4 minutos e 30 segundos.

En tódalas probas físicas, agás a de resistencia, admitiranse, polo menos, dous intentos.

B) Exercicio escrito. Obrigatorio e eliminatorio con dúas partes:

l.-Contestación por escrito, durante un tempo máximo de dúas horas, a dous temas, sacados ó chou, cada un dunha das dúas partes que figura no programa anexo.

2.-Exercicio práctico relacionado coas funcións e materia propia do cargo.

C) Entrevista co tribunal. No decurso da cal o aspirante deberá responder ás preguntas que se lle formulen relacionadas co posto a desempeñar en relación cos coñecementos e personalidade do aspirante, entre os que estará tamén o coñecemento do

idioma galego: 1 punto pola entrevista e 0,5 polo uso do idioma galego.

6.-Cualificación dos exercicios. O exercicio a) cuafificarase de 0 a 6 puntos, 1 por proba, quedando eliminados os que non acaden un mínimo de 5 puntos no conxunto das probas. O exercicio b) cualificarase de 0 a 10 puntos, quedando eliminados os que non acaden un mínimo de 10 puntos no conxunto do exercicio. O exercicio c) cualificarase de 0 a 1,5 puntos.

7.-Cualificación final. A suma das puntuacións acadadas no conxunto dos tres exercicios da fase de oposición maila obtida na fase de concurso dará a cualificación final, non podendo o tribunal propoñer para o seu nomeamento a máis de tres aspirantes.

8.-Nomeamento de funcionarios en prácticas. Os aspirantes propostos polo tribunal serán nomeados funcionarios en prácticas e deberán supera-lo curso correspondente na Academia Galega de Seguridade para seren nomeados en propiedade gardas da policía local do concello. Durante o tempo que permanezan nesa situación percibirán as retribucións que lles correspondan polo soldo e pagas extraordinarias do grupo D, agás nos períodos en que as prácticas se desenvolvan no mesmo posto de traballo.

ANEXO ÁS BASES DE GARDA

DA POLICÍA LOCAL

Parte primeira

1.-A Constitución como norma fundamental do Estado.

2.-A Constitución. Título preliminar. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. A organización do Estado na Constitución.

3.-Principios xerais do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro).

4.-Administración do Estado. Caracterización xeral. O Goberno. A Administración periférica do Estado. O delegado do Goberno nas comunidades autónomas.

5.-Estatuto de autonomía de Galicia. A Administración autonómica: características xerais.

6.-O réxime local español. As entidades que configuran a Administración local española. A súa autonomía de acordo coa Constitución.

7.-O municipio. Concepto e elementos. O termo municipal. A poboación. Órganos de goberno do concello e o seu funcionamento.

8.-A función pública local. O persoal ó servicio do concello e a súa clasificación. Dereitos e deberes dos funcionarios. Réxime disciplinario.

9.-Organización da policía local. Estructura. Principios básicos de actuación. Colaboración con outras forzas e corpos.

10.-Normativa sobre policías locais: réxime de ingreso, promoción e mobilidade. O regulamento da policía local de Moaña.

Parte segunda

1.-A policía local local como policía administrativa desde a perspectiva da lexislación do réxime local: ordenanzas, bandos e demais disposicións ou actuacións municipais.

2.-A policía local como policía xudicial desde a perspectiva das normas estatais e autonómicas que lle atinxen. Dereitos do detido.

3.-A ordenación do tráfico. Principios xerais e normas de circulación. Normativa reguladora.

4.-Sinalizacións de tráfico. Criterios para ordena-lo tráfico no núcleo urbano. Adiantamentos, detencións e estacionamentos.

5.-Circulación de automóbiles: clasificación, requisitos administrativos. Permisos de conducir: concepto, clases e facultades que confiren. Licencias de conducción.

6.-O accidente de tráfico: concepto e clases. Investigacións e accidentes. O atestado.

7.-A Lei de seguridade vial: estructura e principios xerais. Protección civil: principios básicos de actuación e función da policía local.

8.-Dereitos dos funcionarios públicos contra o exercicio dos dereitos das persoas recoñecidos polas leis. Detencións ilegais e entrada en domicilio.

9.-Delictos dos funcionarios públicos no exercicio do seu cargo: infidelidade na custodia de documentos. Violación de segredos. Suborno. Denegación de auxilio.

10.-A Lei 3/1992, de coordinación das policías locais de Galicia. Principios. Órganos de coordinación. O réxime estatutario das policías locais de Galicia.

BASES PARTICULARES PARA AS

PRAZAS DE CONSERXE/INFORMACIÓN

SERVICIOS MÚLTIPLES

1.-Titulación esixida: certificación de escolaridade ou equivalente.

2.-Procedemento selectivo: concurso-oposición.

A fase de concurso será previa á de oposición. Nesta fase avaliaranse os méritos aportados polos aspirantes de acordo co seguinte baremo:

-Por cada mes traballado na Administración local, autonómica e estatal, en funcións relacionadas co posto a desenvolver; 0,1 puntos ata un máximo de 1,5 puntos.

-Por coñecemento de galego, 1,5 polo curso de iniciación e 1,5 polo de perfeccionamento, expedidos pola Xunta de Galicia.

-Outros méritos alegados polos aspirantes poderán ser discrecionalmente avaliados polo tribunal ata un máximo de 1 punto.

A fase de oposición constará dos seguintes exercicios eliminatorios:

a) Exercicio escrito: desenvolver por escrito no prazo máximo de dúas horas dous temas xerais rela

cionados cos que figuran no programa anexo aínda que non se ateñan a un epígrafe concreto do mesmo, tendo os aspirantes ampla liberdade en canto á súa exposición.

b) Exercicio práctico: consistirá na resolución dun suposto práctico proposto polo tribunal, relacionado coas funcións propias do cargo, durante un tempo máximo de unha hora. Poderá esixirse que este exercicio se realice con máquina de escribir, o cal será, se é o caso, oportunamente anunciado ó publicarse as cualificacións do exercicio anterior.

c) Entrevista persoal: Na que o tribunal avaliará aqueles aspectos que considere importantes de cara ó desenvolvemento da función en relación cos coñecementos e personalidade do aspirante, entre os que estará tamén o coñecemento do idioma galego: 1 punto pola entrevista e 0,5 polo uso do idioma galego.

3.-Cualificación dos exercicios: Os exercicios a) e b) cualificaranse de 0 a 10 puntos, quedando eliminados os que non acaden un mínimo de 5 puntos en cada un deles. O exercicio C) cualificarase de 0 a 1,5 puntos.

4.-Cualificación final: A suma das puntuacións acadadas no conxunto dos tres exercicios da fase de oposición maila obtida na fase de concurso dará a cualificación final non podendo o tribunal propoñer para o seu nomeamento a máis de un aspirante.

ANEXO ÁS BASES PARA A PRAZA DE

CONSERXE/INFORMACIÓN/SERVICIOS

MÚLTIPLES

1.-O Estado. Concepto e elementos. Formas do Estado. A división de poderes. A relación entre os distintos poderes do Estado.

2.-A Constitución española de 1978. Principios xerais. A organización territorial do Estado. Estatutos de autonomía.

3.-O Goberno e a Administración do Estado español. Tipos de administracións públicas.

4.-Principios xerais do réxime xurídico da administración pública e o procedemento administrativo común. Normas reguladoras do procedemento administrativo. As súas fases.

5.-Réxime local español. Principios constitucionais. O municipio. O termo municipal. A poboación e o empadroamento.

6.-Organización municipal. Órganos de goberno do concello. As comisións informativas.

7.-Funcionamento político e administrativo do concello. Os procesos de toma de decisións a nivel municipal. Os servicios municipais.

8.-A función pública local e a súa organización. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais.

9.-Réxime disciplinario dos funcionarios. Incompatibilidades. Dereitos económicos.

10.-O cidádán diante da administración. O dereito á información. Concepto de interesado. Capacidade de obrar, lexitimación e representación.

11.-O administrado. Colaboración e participación dos cidadáns nas funcións administrativas. O principio de audiencia. O cómputo dos prazos.

12.-Intervención dos administrados nos expedientes administrativos. Principio de publicidade e comunicación de actos e acordos locais. O rexistro de documentos.

13.-Facendas locais: Clasificación de ingresos. As ordenanzas fiscais. Réxime xurídico do gasto público local.

14.-O Concello de Moaña. Configuración xeográfica e poboacional. Organización dos servicios específicos que presta o concello.

BASES PARTICULARES PARA A PRAZA

DE RESPONSABLE DE CONTABILIDADE

1.-Titulación esixida: Diplomado en ciencias económicas e/ou empresariais.

2.-Tribunal cualificador: No lugar do representante da Xunta de Galicia formará parte del un técnico experto nomeado polo alcalde.

3.-Procedemento selectivo: Concurso-oposición restrinxido a traballadores do concello que posúan os requisitos esixidos.

A fase de concurso será previa á de oposición. Nesta fase avaliaranse os méritos aportados polos aspirantes de acordo co seguinte baremo:

-Por cada mes traballado na Administración, en funcións relacionadas co posto a desenvolver: 0,1 puntos ata un máximo de 1,5 puntos.

-Por coñecemento de galego: 1,5 polo curso de iniciación e 1,5 polo de perfeccionamento, expedidos pola Xunta de Galicia.

-Outros méritos alegados polos aspirantes poderán ser discrecionalmente avaliados polo tribunal ata un máximo de 1 punto.

A fase de oposición constará dos seguintes exercicios eliminatorios:

a) Exercicio escrito: desenvolver por escrito no prazo máximo de tres horas dous temas xerais relacionados cos que figuran no programa anexo aínda que non se ateñan a un epígrafe concreto do mesmo, tendo os aspirantes ampla liberdade en canto á súa exposición.

b) Exercicio práctico: consistirá na resolución dun suposto práctico proposto polo tribunal, relacionado coas funcións propias do cargo, durante un tempo máximo de dúas horas.

c) Entrevista persoal: na que o tribunal avaliará aqueles aspectos que considere importantes de cara ó desenvolvemento da función en relación cos coñecementos e personalidade do aspirante, entre os que estará tamén o coñecemento do idioma galego: 1 punto pola entrevista e 0,5 polo uso do idioma galego.

4.-Cualificación dos exercicios: Os exercicios a) e b) cualificaranse de 0 a 10 puntos, quedando eliminados os que non acaden un mínimo de 5 puntos en cada un deles. O exercicio c) cualificarase de 0 a 1,5 puntos.

5.-Cualificación final: A suma das puntuacións acadadas no conxunto dos tres exercicios da fase de oposición maila obtida na fase de concurso dará a cualificación final, non podendo o tribunal propoñer para o seu nomeamento a máis de un aspirante.

ANEXO ÁS BASES PARA A PRAZA

DE RESPONSABLE DE CONTABILIDADE

1.-A Constitución española de 1978. Principios xerais. A organización territorial do Estado. Estatutos de autonomía.

2.-O goberno e a administración do Estado español. Tipos de administracións públicas.

3.-Principios xerais do réxime xurídico da administración pública e o procedemento administrativo común. Normas reguladoras do procedemento administrativo. As súas fases.

4.-Réxime local español. Principios constitucionais. O municipio. O termo municipal. A poboación e o empadroamento.

5.-Organización municipal. órganos de goberno do concello. As comisións informativas.

6.-O persoal ó servicio do concello e a súa organización. Dereitos e deberes dos traballadores do concello. Réxime disciplinario.

7.-Principios xerais das facendas locais. Estructura dos recursos locais.

8.-O orzamento das entidades locais. Procedemento de aprobación e documentos que comprenden. As bases de execución.

9.-Réxime xurídico do gasto público local. As xestións do orzamento. Modificacións.

10.-A contabilidade local. Principios xerais, estructura e contido. O sistema de contabilidade da administración local, os seus fins.

11.-Os libros de contabilidade. Tipos e características.

12.-Documentos contables. Concepto. Documentos contables do orzamento de gastos, do de ingresos, de valores en depósito, de administración de recursos doutros entes públicos, etc.

13.-Contabilidade de orzamentos de gastos. Apertura e peche. Modificacións de crédito. Operacións de xestións do orzamento. Orzamento pechado e gastos plurianuais.

14.-Contabilidade de orzamentos de ingresos. Normas xerais. Modificacións. Xestións dos ingresos e o seu reflexo contable.

15.-Devolución de ingresos indebidos. Aprazamento e fraccionamento de dereitos. O procedemento de constririximento.

16.-Operacións de orzamentos pechados. Compromisos de ingresos para exercicios futuros. A contabilidade do inmobilizado.

17.-Contabilidade das operacións de crédito. Normas e peculiaridades.

18.-Rendición de contas. A conta xeral. Información ós órganos do concello e a outras entidades públicas.

BASES PARTICULARES PARA AS PRAZAS

DE CONSERXE/SERVICIOS MÚLTIPLES/

CENTROS CULTURAIS

1.-Titulación esixida: Certificación de escolaridade ou equivalente.

2.-Tribunal cualificador: No lugar do representante da Xunta de Galicia, estará integrado polo bibliotecario e, como suplente deste, o coordinador cultural do concello.

3.-Procedemento selectivo: Concurso-oposición.

A fase de concurso será previa á de oposición. Nesta fase avaliaranse os méritos aportados polos aspirantes de acordo co seguinte baremo:

-Por cada mes traballado na Administración local, autonómica e estatal, en funcións relacionadas co posto a desenvolver: 0,1 puntos ata un máximo de 1,5 puntos.

-Por coñecemento de galego: 1,5 polo curso de iniciación e 1,5 polo de perfeccionamento, expedidos pola Xunta de Galicia.

-Outros méritos alegados polos aspirantes poderán ser discrecionalmente avaliados polo tribunal ata un máximo de 1 punto.

A fase de oposición constará dos seguintes exercicios eliminatorios:

a) Exercicio escrito: desenvolver por escrito no prazo máximo de dúas horas dous temas xerais relacionados cos que figuran no programa anexo aínda que non se ateñan a un epígrafe concreto do mesmo, tendo os aspirantes ampla liberdade en canto á súa exposición.

b) Exercicio práctico: consistirá na resolución dun suposto práctico proposto polo tribunal, relacionado coas funcións propias do cargo, durante un tempo máximo de unha hora. Poderá esixirse que este exercicio se realice con máquina de escribir, o cal será, se é o caso, oportunamente anunciado ó publicarse as cualificacións do exercicio anterior.

c) Entrevista persoal: na que o tribunal avaliará aqueles aspectos que considere importantes de cara ó desenvolvemento da función en relación cos coñecementos e personalidade do aspirante entre os que estará tamén o coñecemento do idioma galego: 1 punto pola entrevista e 0,5 polo uso do idioma galego.

4.-Cualificación dos exercicios: os exercicios a) e b) cualificaranse de 0 a 10 puntos, quedando eliminados os que non acaden un mínimo de 5 puntos en cada un deles. O exercicio c) cualificarase de 0 a 1,5 puntos.

5.-Cualificación final: a suma das puntuacións acadadas no conxunto dos tres exercicios da fase de oposición maila obtida na fase de concurso dará a cualificación final, non podendo o tribunal propoñer para o seu nomeamento a máis de un aspirante.

ANEXO ÁS BASES PARA A PRAZA

DE CONSERXE/SERVICIOS MÚLTIPLES/

CENTROS CULTURAIS

1.-A Constitución española do 1978. Principios xerais. A organización territorial do Estado. Estatutos de autonomía.

2.-O goberno e a administración do Estado español. Tipos de administracións públicas.

3.-Principios xerais do réxime xurídico da administración pública e o procedemento administrativo común. Normas reguladoras do procedemento administrativo. As súas fases.

4.-Réxime local español. Principios constitucionais. O municipio. O termo municipal. A poboación e o empadroamento.

5.-Organización municipal. Órganos de goberno do concello. As comisións informativas.

6.-Funcionamento político e administrativo do concello. Os procesos de toma de decisións a nivel municipal. Os servicios municipais.

7.-O persoal ó servicio do concello e a súa organización. Dereitos e deberes dos traballadores do concello. Réxime disciplinario.

8.-Servicios culturais do concello. Organización e funcionamento.

9.-Atención ó cidadán nun centro cultural. Responsabilidades da persoa que ten ó seu cargo o centro. Nocións sobre funcionamento de bibliotecas e hemerotecas.

BASES PARTICULARES PARA AS PRAZAS

DE CONSERXE/SERVICIOS MÚLTIPLES/

PAVILLÓN POLIDEPORTIVO

1.-Titulación esixida: certificación de escolaridade ou equivalente.

2.-Procedemento selectivo: concurso-oposición.

A fase de concurso será previa á de oposición. Nesta fase avaliaranse os méritos aportados polos aspirantes de acordo co seguinte baremo:

-Por cada mes traballado na Administración local, autonómica e estatal, en funcións relacionadas co posto a desenvolver: 0,1 puntos ata un máximo de 1,5 puntos.

-Por coñecemento de galego: 1,5 polo curso de iniciación e 1,5 polo de perfeccionamento, expedidos pola Xunta de Galicia.

-Outros méritos alegados polos aspirantes poderán ser discrecionalmente avaliados polo tribunal ata un máximo de 1 punto.

A fase de oposición constará dos seguintes exercicios eliminatorios:

a) Exercicio escrito: desenvolver por escrito no prazo máximo de dúas horas dous temas xerais relacionados co que figuran no programa anexo aínda que non se ateñan a un epígrafe concreto do mesmo, tendo os aspirantes ampla liberdade en canto á súa exposición.

b) Exercicio práctico: consistirá na resolución dun suposto práctico proposto polo tribunal, relacionado coas funcións propias do cargo, durante un tempo máximo de unha hora. Poderá esixirse que este exercicio se realice con máquina de escribir, o cal será, se é o caso, oportunamente anunciado ó publicarse as cualificacións do exercicio anterior.

c) Entrevista persoal: na que o tribunal avaliará aqueles aspectos que considere importantes de cara ó desenvolvemento da función en relación cos coñecementos e personalidade do aspirante, entre os que estará también o coñecemento do idioma galego: 1 punto pola entrevista e 0,5 polo uso do idioma galego.

3.-Cualificación dos exercicios: os exercicios a) e b) cualificaranse de 0 a 10 puntos, quedando eliminados os que non acaden un mínimo de 5 puntos en cada un deles. O exercicio c) cualificarase de 0 a 1,5 puntos.

4.-Cualificación final: a suma das puntuacións acadadas no conxunto dos tres exercicios da fase de oposición maila obtida na fase de concurso dará a cualificación final, non podendo o tribunal proponer para o seu nomeamento a máis de un aspirante.

ANEXO ÁS BASES PARA A PRAZA

DE CONSERXE/SERVICIOS MÚLTIPLES/

PAVILLÓN POLIDEPORTIVO

1.-A Constitución española do 1978. Principios xerais. A organización territorial do Estado. Estatutos de autonomía.

2.-O goberno e a administración do Estado español. Tipos de administracións públicas.

3.-Principios xerais do réxime xurídico da administración pública e o procedemento administrativo común. Normas reguladoras do procedemento administrativo. As súas fases.

4.-Réxime local español. Principios constitucionais. O municipio. O termo municipal. A poboación e o empadroamento.

5.-Organización municipal. Órganos de goberno do concello. As comisións informativas.

6.-Funcionamento político e administrativo do concello. Os procesos de toma de decisións a nivel municipal. Os servicios municipais.

7.-O persoal ó servicio do concello e a súa organización. Dereitos e deberes dos traballadores do concello. Réxime disciplinario.

8.-Servicios deportivos do concello. Organización e funcionamento.

9.-Atención ó cidadán nun pavillón polideportivo. Responsabilidades da persoa que ten ó seu cargo o centro. Nocións sobre mantemento dun pavillón.

BASES PARTICULARES PARA A PRAZA

DE XARDINEIRO/SEPULTUREIRO

l.-Titulación esixida: certificación de escolaridade ou equivalente.

2.-Tribunal cualificador: formará parte, no lugar do representante da Xunta de Galicia, un técnico experto nomeado polo alcalde.

3.-Procedemento selectivo: concurso-oposición.

A fase de concurso será previa á de oposición. Nesta fase avaliaranse os méritos aportados polos aspirantes de acordo co seguinte baremo:

-Por cada mes traballado na Administración local, autonómica e estatal, en funcións relacionadas co posto a desenvolver: 0,1 puntos ata un máximo de 1,5 puntos.

-Outros méritos alegados polos aspirantes poderán ser discrecionalmente avaliados polo tribunal ata un máximo de 1 punto.

A fase de oposición constará dun exercicio coas seguintes fases:

a) Exercicio práctico: realización dunha proba práctica propia do traballo a desenvolver, que poderá consistir en responder de xeito oral ou escrito a unha serie de preguntas que formule o tribunal sobre materias con anexos a estas bases.

b) Exercicio escrito: realización dunha proba de coñecemento das catro regras aritméticas e un dictado.

c) Galego: exercicio voluntario que consistirá nunha proba de coñecemento da lingua galega.

4.-Cualificación dos exercicios: as fases a) e b) cualificaranse de 0 a 10 puntos, quedando eliminados os que non acaden un mínimo de 5 puntos en cada un deles. O exercicio c) cualificarase de 0 a 1,5 puntos.

5.-Cualificación final: a suma das puntuacións acadadas no conxunto dos tres exercicios da fase de oposición maila obtida na fase de concurso dará a cualificación final non podendo o tribunal propoñer para o seu nomeamento a máis de un aspirante.

ANEXO ÁS BASES PARA A PRAZA

DE XARDINEIRO/SEPULTUREIRO

1.-O concello. Organización e órganos do goberno. O alcalde. O pleno e a comisión de goberno. Organización administrativa.

2.-Nocións de xardinería. Aspectos básicos do traballo dun sepultureiro.

3.-O persoal do concello. Organización. Dereitos e deberes.

BASES PARTICULARES PARA A PRAZA

DE PEÓN DE VÍAS E OBRAS

l.-Titulación esixida: certificación de escolaridade ou equivalente.

2.-Tribunal cualificador: no lugar do representante da Xunta de Galicia, formará parte del o aparellador do concello e como suplente deste o capataz do concello.

3.-Procedemento selectivo: concurso-oposición.

A fase de concurso será previa á de oposición. Nesta fase avaliaranse os méritos aportados polos aspirantes de acordo co seguinte baremo:

-Por cada mes traballado na Administración local, autonómica e estatal, en funcións relacionadas co posto a desenvolver: 0,1 puntos ata un máximo de 1,5 puntos.

-Outros méritos alegados polos aspirantes, entre os que estarán os carnés de conducir, poderán ser discrecionalmente avaliados polo tribunal ata un máximo de 1 punto.

A fase de oposición constará dun exercicio coas seguintes fases:

a) Exercicio práctico: realización dunha proba práctica propia do traballo a desenvolver, que poderá consistir en responder de xeito oral ou escrito a unha serie de preguntas que formule o tribunal sobre materias con anexos a estas bases.

b) Exercicio escrito: realización dunha proba de coñecemento das catro regras aritméticas e un dictado.

c) Galego: exercicio voluntario que consistirá nunha proba de coñecemento da lingua galega.

4.-Cualificación dos exercicios: as fases a) e b) cualificaranse de 0 a 10 puntos, quedando eliminados os que non acaden un mínimo de 5 puntos en cada un deles. O exercicio c) cualificarase de 0 a 1,5 puntos.

5.-Cualificación final: a suma das puntuacións acadadas no conxunto dos tres exercicios da fase de oposición maila obtida na fase de concurso dará a cualificación final, non podendo o tribunal propoñer para o seu nomeamento a máis de un aspirante.

ANEXO ÁS BASES PARA A PRAZA

DE PEÓN DE VÍAS E OBRAS

1.-O concello. Organización e órganos de goberno. O alcalde, o pleno e a comisión de goberno. Organización administrativa.

2.-Medidas de seguridade no desenvolvemento da función de peón. Peculiaridades do traballo.

3.-O persoal do concello. Organización. Dereitos e deberes.

BASES PARTICULARES PARA A PRAZA

DE PEÓN DE LIMPEZA DE RÚAS

1.-Titulación esixida: certificación de escolaridade ou equivalente.

2.-Tribunal cualificador: no lugar do representante da Xunta de Galicia, formará parte del un técnico nomeado polo alcalde.

3.-Procedemento selectivo: concurso-oposición.

A fase de concurso será previa á de oposición. Nesta fase avaliaranse os méritos aportados polos aspirantes de acordo co seguinte baremo:

-Por cada mes traballado na Administración local, autonómica e estatal, en funcións relacionadas co

posto a desenvolver; 0,1 puntos ata un máximo de 1,5 puntos.

-Outros méritos alegados polos aspirantes poderán ser discrecionalmente avaliados polo tribunal ata un máximo de 1 punto.

A fase de oposición constará dun exercicio coas seguintes fases:

a) Exercicio práctico: realización dunha proba práctica propia do traballo a desenvolver, que poderá consistir en responder de xeito oral ou escrito a unha serie de preguntas que formule o tribunal sobre materias con anexos a estas bases.

b) Exercicio escrito: realización dunha proba de coñecemento das catro regras aritméticas e un dictado.

c) Galego: exercicio voluntario que consistirá nunha proba de coñecemento da lingua galega.

4.-Cualificación dos exercicios: as fases a) e b) cualificaranse de 0 a 10 puntos, quedando eliminados os que non acaden un mínimo de 5 puntos en cada un deles. O exercicio c) cualificarase de 0 a 1,5 puntos.

5.-Cualificación final: a suma das puntuacións acadadas no conxunto dos tres exercicios da fase de oposición maila obtida na fase de concurso dará a cualificación final, non podendo o tribunal proponer para o seu nomeamento a máis de un aspirante.

ANEXO ÁS BASES PARA A PRAZA

DE PEÓN DE LIMPEZA DE RÚAS

1.-O concello. Organización e órganos de goberno. O alcalde, o pleno e a comisión de goberno. Organización administrativa.

2.-Medidas de seguridade no desenvolvemento da función de peón de limpeza de rúas. Peculiaridades do traballo.

3.-O persoal do concello. Organización. Dereitos e deberes.