Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 1995 pola que se anuncia convocatoria para a provisión dun posto de traballo de letrado asesor, pertencente ó grupo A.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo, con data do 21 de maio de 1992, foron publicadas integra

mente as bases para a provisión de postos de traballo mediante concurso e no Boletín Oficial da provincia de Lugo, con data do 7 de febreiro deste ano, publicouse o anuncio da devandita convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes rematará ós quince días hábiles a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidade co previsto nas bases da convocatoria.

Lugo, 8 de febreiro de 1995.

O alcalde

Rubricado