Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE IRIXOA

ANUNCIO.

O Pleno deste concello acordou inicialmente, en sesión extraordinaria do 8-2-1995, proceder a unha modificación puntual das normas subsidiarias municipais de planeamento urbanístico. Tal modificación consiste na eliminación do elemento arqueolóxico protexido Castrillón (por inexistencia de restos segundo a Comisión Provincial de Patrimonio), o que afecta soamente á planimetría de ordenación do núcleo de Irixoa, xa que nin sequera aparecía no catálogo de elementos protexidos anexo ás normas.

En virtude do art. 114.1 do R.d. lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, sométese a exposición pública por un mes tal expediente na secretaría do concello (o prazo rematará tras un mes desde a última publicación do presente anuncio: BOP, DOG e La Voz de Galicia.

Irixoa, 16 de febreiro de 1995.

Juan Pérez Díaz

Alcalde