Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

EDICTO do 15 de febreiro de 1995 relativo á tramitación do Plan Parcial de Saa.

Aprobado inicialmente polo Concello da Guarda, en sesión celebrada o día 6 de febreiro de 1995, o Plan Parcial de Saa (S.U.P núm. 7), en desenvolvemento do P.X.O.U. da Guarda e de conformidade co disposto no artigo 116 do R.d.l. 1/1992, do 26 de xuño, e no Regulamento de planeamento, sométese a información pública, polo prazo de un mes, contado a partir do seguinte ó da inserción deste edicto no DOG, durante o que poderá ser examinado o correspondente expediente na secretaría deste concello, e formular perante esta alcaldía as alegacións que se consideren oportunas.

A Guarda, 15 de febreiro de 1995.

Purificación Álvarez Álvarez

Alcaldesa