Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público para a subministración de un microscopio electrónico de transmisión para o Hospital Xeral Cíes de Vigo (Pontevedra).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes,

resolve anuncia-la subministración do expediente que a seguir se cita:

I.-Subministración: un microscopio electrónico de transmisión.

Orzamento: 25.000.000 de ptas.

II.-Forma de adxudicación: concurso público.

III.-Prazo de execución: os bens obxecto do presente, concurso público entregaranse no prazo de 30 días contados a partir da data de notificación da adxudicación.

IV.-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, e nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

V.-Fianza provisional: 500.000 pesetas. Tratándose de aval, tamén deberá ser depositado, previamente á licitación, na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda ou nas súas delegacións provinciais.

VI.-Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do vixésimo día hábil contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución do DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981-54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

VII.-Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Servicio Galego de Saúde, edificio administrativo de San Caetano, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural a contar desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

VIII.-Documentación que aportarán os licitadores: os documentos que figuran na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

IX.-Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos