Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de vixilancia e seguridade do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza.

O xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 15-9-94 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde convoca o concurso público número 3/1995 para a contratación do servicio de vixilancia e seguridade.

I.-Obxecto e orzamento: A adxudicación do servicio de vixilancia e seguridade para o Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, cun orzamento de corenta e oito millóns de pesetas (48.000.000 ptas.) anuais, IVE engadido, sen prexuízo dos prazos de execución sinalados no apartado seguinte.

II.-Prazo de execución: o contrato terá vixencia por un ano desde o momento da súa sinatura, aínda que poderá prorrogarse anualmente por acordo expreso das partes, segundo o dispón o artigo 5 do Decreto 1.005/1974, do 4 de abril.

III.-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Dirección de Xestión Sección de Investimentos. No edificio anexo da Escola de Enfermería planta soto do Hospital Juan Canalejo-As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas.

IV.-Fianzas: o 2% do orzamento de licitación (960.000 ptas.), que se constituirá segundo o disposto no art. 112 de LCE e 340 e 376 do seu regulamento.

V.-Clasificación: as empresas licitantes deberán xustifica-la clasificación grupo III subgrupo 8, categoría D, como mínimo.

VI.-Presentación das proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do complexo hospitalario mencionado no apartado III, antes das 14 horas do vixésimo día hábil contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo, do xeito indicado no art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

VII.-Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

VIII.-Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e especiais.

IX.-Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 7 de febreiro de 1995.

Josep Santacreu Bonjoch

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Oza