Obxecto: adquisición dunha cámara frigorífica con destino á lonxa da Illa de Arousa (Pontevedra).
Prazo de execución: tres meses contados a partir do día seguinte ó asinamento do contrato.
Orzamento: tres millóns corenta e dúas mil novecentas corenta e cinco pesetas (3.042.945 ptas.)
Documentación de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras nos días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na rúa do Sar nº 75, en Santiago de Compostela.
Fianza provisional: sesenta mil oitocentas cincuenta e nove pesetas (60.859 ptas.)
Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, sito no edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do vixésimo día hábil seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.
Apertura de proposicións: en acto público ás 11 horas do primeiro día hábil no que se cumpran sete días naturais, contados desde a data seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. Se esta fose sábado, a apertura será ó día seguinte hábil.
Documentos que deben aporta-los licitadores: serán os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe deste anuncio correrá a cargo do adxudicatario que deberá aboar con antelación ó asinamento do contrato.
Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 1995.
Samuel Juárez Casado
Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras