Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1995, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento de urxencia, para a contratación do programa de turismo social para 1995.

Esta dirección xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso público polo trámite de urxencia, para a contratación do seguinte servicio ó abeiro do Decreto 1.005/1974.

Obxecto: realización do programa «Turismo social 1995».

Orzamento de licitación: sesenta e catro millóns de pesetas (64.000.000 de ptas.)

Prazo de execución: do 1 de abril ó 18 de decembro de 1995.

Exposición de pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares e mailo de prescricións técnicas poderanse examinar no Servicio de Atención á Terceira Idade da Dirección Xeral de Servicios Sociais (edificio administrativo de San Caetano), así como nas delegacións provinciais da consellería, durante o prazo de presentación de proposicións das 9 ás 14 horas en días hábiles, agás sábados.

Garantía provisional: 1.280.000 ptas.

Clasificación requirida: grupo III, subgrupo 8, categoría B.

Modelo de proposición económica: o que se xunta como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, e rematará o décimo quinto día hábil ás 14 horas.

Lugar de presentación de proposicións: no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, segundo os procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, e no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Documentación que se deberá presentar: a esixida na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: o sexto día natural seguinte ó remate do prazo de presentación na sala de xuntas desta consellería ás 11 horas; se este día cadra en sábado ou festivo, farase o seguinte día hábil á mesma hora.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1995.

P.D. (Orde 7-5-1994)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais