Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a convocatoria de poxa para o alleamento das madeiras que se citan.

Por esta resolución convócase a poxa, para o alleamento de madeiras dos lotes que se citan no anexo, e de acordo co disposto nas ordes da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 8 de xullo de 1989 (DOG do 21 de xullo) e do 15 de marzo de 1990 (DOG do 23 de marzo).

A celebración da mesma terá lugar no edificio da Delegación da Presidencia de Ourense, Avda. de La Habana nº 105.

Para estas poxas rexerán as ordes antes citadas e mailos pregos de condicións técnico-administrativas xerais e particulares destas, que figuran no expediente correspondente no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Ourense sito na rúa Calvo Sotelo nº 20-5º, desa cidade, onde poderán ser examinados polos interesados a partires do día da publicación no DOG da presente resolución.

As ofertas poderanse presentar-durante os vinte días hábiles seguintes ó da publicación no DOG da presente resolución no Rexistro da Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e en calquera das formas legalmente establecidas.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá ás once horas do noveno día hábil, que non cadre en sábado, contado a partir do termo do prazo de presentación das ofertas.

Cada licitador presentará os sobres pechados para cada oferta. O sobre «A», coa documentación administrativa e o sobre «B», coa oferta económica.

O sobre «A», que contén a documentación administrativa, poderá ser único para tódalas poxas que se celebren ante a mesa e na mesma sesión.

Deberá conte-la seguinte documentación:

1.-Acreditación da personalidade do licitador.

2.-Os resgardos acreditativos de que están constituídas as fianzas provisionais, 2% do prezo de taxación, de acordo co disposto no artigo 340 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

3.-Declaración responsable de reunir todos e cada un dos requisitos esixidos no artigo 9 da Lei de contratos do Estado sobre capacidade para contratar coa Administración.

4.-Os que acrediten a clasificación empresarial do licitador.

O sobre «B» recollerá a proposición económica e presentarase no modelo normalizado, que se encontra a disposición dos interesados no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Ourense. Cada un dos lotes deberá figurar nun sobre «B» individual.

O adxudicatario constituirá a fianza definitiva do 4% do prezo de adxudicación dentro dos vinte días seguintes ó da data na que regulamentariamente se lle comunique que a adxudicación é definitiva.

Dentro dese mesmo prazo deberá aboar:

1.-O importe total do remate, ou o importe do primeiro prazo, segundo se indique no prego de condicións particulares de cada poxa.

2.-O importe das taxas.

3.-Os gastos proporcionais deste anuncio.

4.-Os demais que se establezan nos pregos particulares do aproveitamento.

O adxudicatario deberá aboar, ademais das cantidades expresadas no anuncio, un 4% sobre o importe da adxudicación en concepto do IVE.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes