Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 1995, da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, pola que se convoca concurso público para a adquisición dun sistema automatizado de venda de peixe para a lonxa de Malpica (A Coruña).

Obxecto: adquisición dun sistema automatizado de venda de peixe para a lonxa de Malpica (A Coruña).

Prazo de execución: tres meses contados a partir do día seguinte ó asinamento do contrato.

Orzamento: vinteoito millóns catrocentas sesenta e dúas mil sesenta e tres pesetas (28.462.063 ptas.)

Documentación de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras nos días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na rúa do Sar nº 75, en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: cincocentas sesenta e nove mil duascentas corenta e unha pesetas (569.241 ptas.)

Modelo de proposición económica: axustarse estrictamente ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, sito no edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do vixésimo día hábil seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: en acto público ás 9 horas do primeiro día hábil no que se cumpran sete días naturais, contados desde a data seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. Se esta fose sábado, a apertura será ó día seguinte hábil.

Documentos que deben aporta-los licitadores: serán os indicados na cláusula 14 do prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio correrá a cargo do adxudicatario que deberá aboar con antelación ó asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 1995.

Samuel Juárez Casado

Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras