Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de epizootias que se citan (procedementos números 040NC/1994 e 0107G/1994).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que

no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (B.O. nº 358 do 23 de decembro), e do seu regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo Real decreto 1.665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21-6-76), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A resolución será acordada polo delegado provincial desta Consellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta Consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, e para aportaren, por escrito,

cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas coiden convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pago voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1.398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-93).

A Coruña, 16 de febreiro de 1995.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña