Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada pola instructora, no espediente sancionador de epizootias que se cita (expediente número 036NC/1994).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (B.O. nº 358, do 23 de decembro), e do seu regulamento, do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo Real decreto 1.665/1976, do 7 de maio (BOE nº 174, do 21-6-76), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta

notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1.398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-93).

A Coruña, 16 de febreito de 1995.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora