Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa con admisión previa, das obras de apertura e mellora da capa de rodadura de camiños de concentración parcelaria no concello de Mesía (A Coruña) e oito máis.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de poxa con admisión previa:

Obxecto: contratación da execución das obras que figuran en relación adxunta, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para ela. O orzamento, prazo de execución das obras e clasificación dos contratistas serán os que, así mesmo, se sinalan na relación.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no Rexistro Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 27 de marzo de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 31 de marzo de 1995, ás 12 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

1.-Apertura e mellora da capa de rodadura de camiños de concentración parcelaria no concello de Mesía (A Coruña): X-3208. (Nº 184).

Orzamento: 17.382.249 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: non é necesaria.

2.-Acondicionamento de diversos camiños de concentración parcelaria no concello de Rois (A Coruña): X-3211. (Nº 185).

Orzamento: 75.815.913 ptas.

Prazo de execución: 14 meses.

Clasificación: categoría D, grupo G, subgrupo 6.

3.-Rehabilitación de edificio para albergar dependencias da Xunta (Mondoñedo-Lugo): X-3373. (Nº 187).

Orzamento: 46.840.285 ptas.

Prazo de execución: 14 meses.

Clasificación: categoría C, grupo C.

4.-Ponte sobre o río Sarria en Céltigos (Sarria-Lugo): X-2583 (Nº 189).

Orzamento: 23.341.532 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: categoría C, grupo B, subgrupo 2.

5.-Mellora da capa de rodadura da pista que une as zonas de concentración parcelaria de Santo André de Lesta e S. Clemente de Mercurín (concello de Ordes-A Coruña) a: X-2932 (Nº 190).

Orzamento: 14.575.202 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: non é necesaria.

6.-Ponte sobre o río Xallas (Alón-Santa Comba-A Coruña): X-2949. (Nº 191).

Orzamento: 14.316.660 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: non é necesaria.

7.-Mellora da capa de rodadura en camiños de concentración parcelaria nas parroquias de: Pastor, Medín, Gonzar e Lardeiros (concello do Pino-A Coruña): X-2960. (Nº 192).

Orzamento: 44.636.960 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: categoría D, Grupo G, subgrupo 6.

8.-Pontes e accesos no camiño existente entre as zonas de concentración parcelaria de Santo Adrián (Ortigueira) e Regoa (Cedeira)-A Coruña: X-3106. (Nº 193).

Orzamento: 19.227.048 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: non é necesaria.

9.-Mellora de infraestructura en zona de concentración parcelaria de Maroxo-Lama (Arzúa-A Coruña): X-3140. (Nº 194).

Orzamento: 8.896.803 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: non é necesaria.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes