Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación da poxa con admisión previa das obras de camiños na zona de concentración parcelaria de Fraiás, concello de Abadín, provincia de Lugo (X-2896/LU-479 e outra máis).

Por Resolución do 16 de setembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, anunciouse a citada poxa con admisión previa.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular desta delegación, por proposta da mesa de contratación, en virtude das facultades conferidas a aquela polo Decreto 87/1990, do 15 de febreiro, de desconcentración en materia de contratación administrativa nos delegados provinciais da Xunta de Galicia, resolveu adxudica-las obras que se citan, nas datas que se mencionan, ás empresas que se indican e polos importes de adxudicación que así mesmo se cifran:

1. Denominación da obra: Camiños na zona de concentración parcelaria de Fraiás (Abadín-Lugo). X-2896/LU-479.

Empresa adxudicataria: José Yáñez García.

Importe de adxudicación: 33.322.676 pesetas.

Data da adxudicación: 4 de setembro de 1994.

2. Denominación da obra: Camiños na zona de concentración parcelaria do Burgo do Negral (Friol-Lugo). LU-480.

Empresa adxudicataria: Egosa, Asfaltos y Construcciones, S.A.

Importe da adxudicación: 68.477.000 pesetas.

Data de adxudicación: 7 de novembro de 1994.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu Regulamento.

Lugo, 9 de febreiro de 1995.

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo