Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación da contratación directa das obras de mellora da capa de rodadura de camiños na zona de concentración parcelaria de Quende, concello de Abadín, provincia de Lugo (X-2944/LU-490).

Por Resolución do 13 de xullo de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, anunciouse a citada contratación directa.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular desta delegación, por proposta da mesa de contratación, en virtude das facultades conferidas a aquela polo Decreto 87/1990, do 15 de febreiro, de desconcentración en materia de contratación administrativa nos delegados provinciais da Xunta de Galicia, resolveu adxudica-la obra que se cita, na data que se menciona, á empresa que se indica e polo importe de adxudicación que así mesmo se cifra:

1. Denominación da obra: Mellora da capa de rodadura de camiños na zona de concentración parcelaria de Quende (Abadín-Lugo). X-2944/LU-490.

Empresa adxudicataria: Isidro Otero García.

Importe de adxudicación: 11.418.131 pesetas.

Data da adxudicación: 1 de setembro de 1994.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu Regulamento.

Lugo, 8 de febreiro de 1995.

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo