Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación da poxa con admisión previa das obras de adecuación do firme nas redes de camiños nas zonas de concentración parcelaria de Gomelle, concello de Guntín, provincia de Lugo (X-2986/LU-476 e tres máis).

Por Resolución do 13 de xullo de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, anunciouse a citada poxa con admisión previa.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular desta delegación, por proposta da mesa de contratación, en virtude das facultades conferidas a aquela polo Decreto 87/1990, do 15 de febreiro, de desconcentración en materia de contratación administrativa nos delegados provinciais da Xunta de Galicia, resolveu adxudica-las obras que se citan, nas datas que se mencionan, ás empresas que se indican e polos importes de adxudicación que así mesmo se cifran:

1. Denominación da obra: Adecuación do firme nas redes de camiños nas zonas de concentración parcelaria de Gomelle (Guntín-Lugo). X-2986/LU-476.

Empresa adxudicataria: José Yáñez García.

Importe de adxudicación: 19.146.993 pesetas.

Data de adxudicación: 1 de setembro de 1994.

2. Denominación da obra: Camiños na zona de concentración parcelaria de Vilarmide (A Pontenova-Lugo). X-3167/LU-477.

Empresa adxudicataria: Cuarcitas Construcciones, unión temporal de empresas, Lei 18/1982.

Importe de adxudicación: 79.860.000 pesetas.

Data de adxudicación: 26 de setembro de 1994.

3. Denominación da obra: Mellora da capa de rodadura de camiños rurais na zona de concentración parcelaria do Carme (Mondoñedo-Lugo). X-2936/LU-478.

Empresa adxudicataria: Viales y Construcciones, S.A.

Importe de adxudicación: 28.639.268 pesetas.

Data de adxudicación: 1 de setembro de 1994.

4. Denominación da obra: Camiños na zona de concentración parcelaria de Silva-Eirón (Pol-Lugo). X-2935/LU-475.

Empresa adxudicataria: Dago, S.A.

Importe de adxudicación: 96.839.154 pesetas.

Data de adxudicación: 1 de setembro de 1994.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento.

Lugo, 7 de febreiro de 1995.

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo