Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 93/1994).

Para os efectos previstos nos decretos 2.617 e 2.619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Desarrollos Eólicos, S.A., co enderezo no Polígono de Pocomaco, parcela F-16, 15190 Mesoiro (A Coruña), para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública das instalacións que seguen:

Anteproxecto G-5 para a instalación dunha planta eólica de 45 MW en Muxía, consistente en:

-Instalación de 150 aeroxeradores de 300 kW/u de potencia, a 380 V, montados sobre torres metálicas de 24 m de altura e con rotor de 3 pas de 14,55 m de lonxitude por pa, situados en dous campos:

1º. En Monte Gordo e situado dentro do polígono definido polos vértices que teñen como coordenadas UTM:

V (477.210; 4764425), V (477.745; 4765275)

V (478.400; 4765215), V (478.400; 4763365)

V (477.420; 4763365).

2º. Nos seguintes lugares: Facho de Moraime, Monte Castro, Monte Pedrouso e Monte Faro, dentro do polígono definido polos vértices que teñen como coordenadas UTM:

V (479.560; 4768100), V (480.925; 4767955)

V (481.115; 4768375), V (480.700; 4768570)

V (481.425; 4769900), V (482.045; 4769900)

V (482.045; 4769105), V (482.610; 4769105)

V (482.610; 4768635), V (482.045; 4767235)

V (482.250; 4765300), V (479.015; 4765300)

V (479.015; 4766045).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas recla

macións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 25 de xaneiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña