Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 6 de febreiro de 1995, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes e devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios.(XC-02349-O-94).

Por medio desta cédula notifícaselles ó denunciado, cos datos e último enderezo coñecido sina-

lados no anexo, que se formulou contra el a denuncia que se expresa. Por este motivo iniciáronse, co número que se indica, o correspondente expediente sancionador que pode dar lugar á sanción que tamén se cita. O que se lle notifica, facéndolle sabe-lo dereito que o asiste de alegar por escrito perante este servicio provincial de Transportes o que considere conveniente, aportando ou propoñendo as probas que coide oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula. Así mesmo, notifícaselle que a autoridade competente para impoñe-la sanción é o director xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo

(DOG 24-3-1993), polo que se regulan os órganos competentes para a imposición de sancións por infraccións cometidas en materia de transportes mecánicos por estrada.

Para que conste, lle sirva de notificación ó denunciado de enderezo descoñecido, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE 27-11-1992), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 6 de febreiro de 1995.

Gonzalo López González

Xefe do Servicio Provincial de Transportes da

Coruña

ANEXO

Expediente: XC-02349-O-94.

Matrícula: M-3006-EX.

Denunciante: Ag. Tráfico. 150133216461.

Denunciado: Preisberk de Construcciones, S.L.

Último enderezo coñecido: Uxes, s/n. Arteixo.

Feito denunciado: Circular facendo transporte de formigón de Laracha ó Burgo, servicio público, carecendo de tarxeta de transporte e de distintivos.

Precepto infrinxido: LOTT A. 140 a), ROT 197 a), RD 1.211/1990.

Precepto sancionador: LOTT A. 143, 201 ROT.

Sanción proposta: 250.000 ptas., p.v. 3 meses.