Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública das instalacións eléctricas que se citan. (Expedientes números 52.550 e 52.551).

Para os efectos previstos nos decretos 2.617 e 2.619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Hidroeléctrica del Zarzo, S.A., co enderezo na r/ Mancebo, 6, Pontedeume (A Coruña), para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública das instalacións que seguen:

Expediente 52.550.-Liña aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-110, de 1.669 m de lonxitude, con orixe no apoio 21 e remate no nº 32 da liña existente denominada San Bartolomeu-Cabanas (expediente 27.533). Pontedeume e Cabanas.

Expediente 52.551.-Liña aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos, con conductor LA-110, de 6.881 m de lonxitude, en substitución da actual (expediente 11.251), na zona de Crego-Augabar. Miño e Pontedeume.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 11 de outubro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña