Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.725

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (36/1989).

Neste xulgado séguense autos de procedemento de xustiza gratuíta número 36/1989, por instancia de Isabel Fariña Gómez, representada polo procurador Solar Vigo, contra Benito Viqueira Vieites e o avogado do Estado; nas súas actuacións acordouse cita-lo demandado Benito Viqueira Vieites, hoxe en paradoiro descoñecido, co fin de que compareza ó acto de xuízo nos autos arriba indicados, que se celebrará o vindeiro día 20 de marzo, ás 11 horas, co apercibimento de que de non comparecer será declarado en rebeldía e recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación ó demandado Benito Viqueira Vieites, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 17 de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado