Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.725

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (161/1993).

En virtude do acordado por Juan Manuel Regal Menéndez, xuízo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, en resolución desta data, dictada no or. sum. hip. nº 00161/1993, seguido neste xulgado por instancia de Banco Español de Crédito, S.A., representado polo procurador José Paz Montero contra María Cambeses Calvo e Ernesto Oliveira Chenlo, en reclamación dun préstamo con garantía hipotecaria, sácase a pública poxa, por primeira vez, o seguinte predio:

Rústico, no sitio de Horta da Casa, no lugar de Rianxiño, parroquia e municipio de Rianxo, terreo a labradío, hoxe inculto, dunha extensión superficial de 3.270 metros cadrados, segundo os títulos, pero medida recente resultou te-la superficie de 3.800 metros cadrados. Estrema: norte, José Giráldez Calvo; sur, estrada de Rianxiño a Brión; leste, herdeiros de Manuel Viturro ou Rianxiño, S.A.; oeste, casa e horta de María Cambeses Calvo. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón, no folio 122, tomo 544, libro 63, predio número 6.837.

O remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na r/ Tetuán, s/n, desta cidade, o día seis de abril, ás 11.30 horas, previndo os licitadores de que:

Primeiro. O tipo da poxa é o de 64.610.000 ptas., fixado na escritura de préstamo; non se admiten ofertas que non cubran a devandita cantidade.

Segundo.-Para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar na conta deste xulgado número 157500018016193 do Banco Bilbao Vizcaya o 20% da devandita cantidade; sen este requisito non serán admitidos.

Terceiro.-Poderá facerse o remate en calidade de llo ceder a un terceiro.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito, en prego cerrado, facendo o depósito a que se fixo referencia anteriormente.

Quinto. Que os autos e as certificacións a que se refire a regra 4º do art. 131 da Lei hipotecaria, estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a licitación aportada.

Sexto. Que as cargas e demais gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

De non haber ofertantes na primeira poxa, sinálase para a segunda o día catro de maio, ás 11.30 horas, para a que servirá de tipo o 75% da valoración; celebrarase terceira poxa, se é o caso, o día oito de xuño, ás 11.30 horas, sen suxeición a tipo.

Dado en Padrón o vinteseis de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado