Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.725

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de citación (17/1995).

En virtude do disposto polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, Francisco Serrano Arnal, nos autos de xurisdicción voluntaria sobre nomeamento de contador-partidor dativo, número 17/1995, promovidos polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, en nome e representación de Esperanza López Rodríguez, cítase a Santiago López Rodríguez, ausente en ignorado paradoiro, para que o vindeiro día trinta e un de marzo, ás dez horas, compareza perante este xulgado co fin de celebra-la correspondente xunta para a designación de contador-partidor dirimente da herdanza dos causantes Santiago López Noya e de Esperanza Rodríguez Valiñas.

E para que lle sirva de legal forma ó expresado herdeiro e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido, selo e asino esta cédula en Negreira o trinta e un de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado