Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.724

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 21 de febreiro de 1995 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante na Consellería de Familia, Muller e Xuventude, anunciada por orde desta consellería do 13 de decembro de 1994 (DOG nº 244, do 21 de decembro), corrección de erros no DOG nº 248, do 27 de decembro.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante na Con

sellería de Familia, Muller e Xuventude, mediante Orde do 13 de decembro de 1994 (DOG nº 244, do 21 de decembro), corrección de erros no DOG nº 248, do 27 de decembro, de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde desta consellería do 13 de decembro de 1994 e a súa corrección de erros.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza, producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino, o funcionario está desfrutando un período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo de un mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido nos artigos 14 e 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG nº 58, do 25 de marzo).

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, despois de comunicalo a esta consellería segundo o previsto no artigo 110.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 1995.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO

NRP: 3376286313 A6317.

Grupo: B.

Apelidos e nome: Seijas Sainz, José Alfredo.

Código do posto: FAC994010227001001.

Posto de traballo: Director residencia «Irmáns Pedrosa».

Nivel: 24.

Localidade: Lugo.

Dependencia: Delegación Provincial.